AGASOL Logo
Presentacion

LibreTeo 2016

En Agasol xunto co Concello de Teo estamos a organizar un evento centrado na liberdade dás persoas e ou tremendo potencial que ten a xente cando colabora en proxectos libres. Con propostas e referencias nos sectores do software, a cultura e ou coñecemento.

Pantallazo-1

Con este proxecto queremos que a cidadania poda relacionarse coa cultura libre, axude á súa difusión e colabore na formación tecnolóxica.

Temos 9 charlas ou presentacións moi interesantes para esta xornada. Visita a web do evento LibreTeo 2016

 

iCarto y Cartolab mapean las inundaciones de Mozambique

iCarto, empresa socia de Agasol, y el laboratorio Cartolab de la Universidad de la Coruña organizan, en el marco del proyecto SIXHIARA, un taller de mapeo de las zonas afectadas por las inundaciones de la cuenca de Messalo (Mozambique). El mapeado se realizará mediante OpenStreetMap (OSM), proyecto colaborativo para crear una base de datos geográfica libre.

El taller es de asistencia libre y gratuita, pero es necesaria inscripción previa aquí.

La jornada se realizará en la Escuela de Caminos, Canales y Puertos de la Universidad de la Coruña el viernes 8 de abril. Por la mañana se realizara una sesión explicativa del proyecto SIXHIARA, así como una introducción a OSM. Por la tarde se llevará a cabo una Mapathon, donde los asistentes tendrán la oportunidad de mapear, con ayuda de los especialistas de iCarto y Cartolab las zonas afectadas por las inundaciones. El mapeado se centrará en los aspectos más vulnerables; construcciones (viviendas, centros de salud, escuelas) e infraestructuras viarias (caminos y puentes).

Uno de los principales problemas hidrológicos y humanitarios de Mozambique son las duras inundaciones que afectan a la mayor parte del país. El proyecto SIXHIARA lleva trabajando con la Administración Regional de Aguas del Norte de Mozambique (ARA-Norte) desde 2012 hasta la actualidad, gracias a la financiación de la convocatoria de proyectos de Cooperación Galega. En el marco de este proyecto se está trabajando entre otras actividades en la planificación y delimitación de zonas inundables de las cuencas del norte del país. Este trabajo se realiza con la colaboración del Grupo de Ingeniería del Agua y el Medio Ambiente (GEAMA) y su principal objetivo es definir las áreas inundables y realizar los mapas de riesgo y peligrosidad de inundaciones en las cuencas de Megaruma y Messalo.

Para establecer los riesgos y peligrosidad de las inundaciones a nivel humano y económico es preciso tener cartografía de las infraestructuras y las construcciones. Dada la carencia de cartografía de calidad en la zona norte de Mozambique, especialmente en la zona rural, esta tarea tiene que ser realizada en el marco del estudio. Para que esta cartografía sea libre y pueda ser empleada por otros estudios se realizará a través de OSM, plataforma empleada en muchos ámbitos a nivel humanitario.

Internet of Things, a nova educación, a electrónica de consumo e o sector da automoción conectada, eixes temáticos de LibreCon 2015

Librecon_azul_completo

 

 

 

 

 

Que teñen que ver o coche conectado, internet of things (IoT) e a educación? Todo e nada á vez. Este ano Librecon adicará o seu programa a falar de como as tecnoloxías libres teñen cabida nestes eidos.

Contaremos para iso con relatores/as de alto nivel procedentes de diferentes partes do mundo que, a través de charlas, obradoiros, debates, achegarannos as últimas novidades no eido do software e o hardware libres.

Canonical, Magneti Marelli, Intel, OpensourceVehicle serán algunhas das entidades que estarán presentes en Librecon2015, sen deixar de lado a empresas e iniciativas galegas como Igalia, Staticboards, CESGA, AGASOL, que moito teñen que decir e aportar a un sistema socioeconómico en constante cambio.

Falaremos de robots submariños, de Edupunk, de smarthomes, hacklabs nas escolas e ata de vacas conectadas. Que máis podemos pedir?

Convidamos a todas aquelas persoas interesadas en escoitar e coñecer máis de cerca estas e outras experiencias a que asistan os días 29 e 30 de outubro na Cidade da Cultura de Galicia a Librecon2015

 

  • Onde?  Edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela)
  • Cando?  29 e 30 de outubro de 2015
  • Como?  Entrada de balde previa inscrición  inscribirse aquí
  • Precisas aloxamento?  Prezos especiais aquí

 

 

LogoContratipoLogoCluster

 

 

 

 

 

 

O maior evento de tecnoloxías abertas e negocio terá lugar en Santiago de Compostela os días 29 e 30 de outubro

Canonical, creadora de Ubuntu, e Magneti

Marelli, líder na tecnoloxía do automóbil

conectado, presentes en LibreCon 2015

 

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2015. Roberto Zompi, un dos grandes expertos na aplicación de software de código aberto no automóbil conectado, e Victor Tuson Palau, que é vicepresidente de Canonical, a empresa creadora do sistema operativo Ubuntu, participarán como relatores en LibreCon 2015. Agasol, Asolif e Clúster TIC Galicia son os organizadores deste evento de auténtica referencia para os axentes que traballan no eido do software libre e as open technologies que se celebrará en Compostela os días 29 e 30 de outubro.

Roberto Zompi é xerente de Enxeñaría Avanzada na multinacional de compoñentes e sistemas de alta tecnoloxía para o automóbil Magneti Marelli, pertencente ao Grupo Fiat Chrysler, histórico propietario de marcas do prestixio de Ferrari, Lancia, Alfa Romeo e Maserati. É tamén vicepresidente de Genivi Alliance, un consorcio que promove a aplicación de software de código aberto na automoción.

Victor Tuson Palau é viceperesidente de Canonical, a empresa que está detras de Ubuntu, e é o responsable dos proxectos para a aplicación deste sistema operativo de código aberto aos dispositivos móbiles.

Ambos os dous expertos participarán nas sesións plenarias da quinta edición de LibreCon, para a que se estima unha participación de 1.500 profesionais e unhas 600 empresas.

Antonio Rodríguez del Corral, presidente do Clúster TIC Galicia e director de Desenvolvemento de Negocio de R, sinalou: “A participación de Roberto Zompi en LibreCon 2015 garante un debate do máximo nivel nun eido de tanta relevancia económica como é a aplicación das tecnoloxías abertas ao sector do Automóbil”.

Pola súa banda, Xavier Castaño, presidente de Agasol, manifestou a súa satisfacción por poder confirmar a participación de tecnólogos do prestixio de Victor Tuson Palau e Roberto Zompi. “En datas próximas esperamos poder confirmar máis relatores que completarán un panel de auténtico luxo, de xeito que o encontro será unha oportunidade única para coñecer casos de éxito, inspirarse nos consellos dos expertos e facer networking“, asegurou. Castaño engadiu que a inscrición de participantes avanza a bo ritmo e animou a todos os interesados a visitar a web para conseguir as súas entradas.

Eixos temáticos e apoio institucional

A Electrónica de Consumo, o sector do Automóbil (sistemas de entretemento e automóbil conectado), o Internet das Cousas e a Nova Educación serán os eixos temáticos de LibreCon 2015. Ademais, reservarase un espazo para o eCommerce e darase especial protagonismo á comunicación de casos de éxito.

LibreCon 2015 conta co apoio da operadora R e co respaldo da Axencia Galega de Innovación (GAIN), o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e o Concello de Santiago de Compostela. Colabora tamén a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

O software libre como xerador de negocio e emprego

LibreCon 2015 recolle o testigo das catro edicións anteriores de LibreCon e Libre Software World Conference, plantexando un evento que ten como principal obxectivo a creación de negocio e emprego en todos os sectores da sociedad a través das tecnoloxías libres, a innovación e o emprendemento.

Con este obxectivo sempre en mente LibreCon 2015 quere demostrar, ademáis, os beneficios dun sector que está sobrevivindo con éxito á situación xeral de crisis. As tecnoloxías abertas en xeral e o software libre en particular constitúen unha alternativa real que ofrece a empresas e administracións públicas de todo o mundo unha maior competitividade, grandes aforros e desenvolvemento de economías locais.

AGASOL, ASOLIF e Cluster TIC Galicia organizan a quinta edición de LibreCon

A Cidade da Cultura de Galicia acollerá os días 29 e 30 de outubro a edición 2015 da conferencia sobre tecnoloxías abertas e negocios LibreCon

Internet of Things, a nova educación, a electrónica de consumo e o sector da automoción conectada, eixes temáticos de LibreCon 2015

  • Coñecemento práctico aplicado a través de casos de éxito reais e obradoiros de organizacións internacionais centran LibreCon 2015

  • Canonical entre as primeiras organizacións confirmadas para LibreCon 2015

  • O sector TIC das tecnoloxías abertas sitúase á vangarda da recuperación económica duplicando a súa oferta de emprego

AGASOL, ASOLIF e Cluster TIC Galicia organizan a quinta edición de LibreCon os próximos días 29 e 30 de outubro en Santiago de Compostela, xunto co apoio institucional da Xunta de Galicia. LibreCon mantén o seu obxectivo fundamental de creación de negocio e emprego en todos os sectores da sociedade a través das tecnoloxías libres, a innovación e o emprendemento esperando superar as 500 reunións de negocio da edición 2014.

 LibreCon_2015

Xornada (r)evoLuƧión Cara modelos de negocio baseados en solucións tic de código aberto

imagen_revolusion

O vindeiro día 12 de xuño terá lugar a xornada (r)evoLuƧión, evento que pretende ser un punto de encontro de experiencias inspiradoras para profesionais do eido tecnolóxico e para todas aquelas persoas interesadas en tecnoloxías de código aberto en calquera sector da sociedade.

Este evento, organizado por AGASOL en colaboración coa AMTEGA, contará coa presenza de relatores como Juan Freire ou Javier de la Cueva. Teremos a oportunidade de compartir experiencias e coñecemento con empresas galegas e estatais con  presenza internacional como son Paco y LolaOpenROV, ICARTO, Anubia, IGALIA
A asistencia é de balde, previa inscrición.

Obxectivos

  • Servir de escaparate de experiencias, novidades e solucións en código aberto.
  • Ser un espazo de networking e contactos entre profesionais de diferentes disciplinas.
  • Inspirarar a aquelas persoas que queiran descubrir novas formas de emprender e/ou desenvolver novos produtos/servizos de base código aberto.

Programa

9:30-9:45 PRESENTACIÓN INSTITUCIONAL

9:45-10:30 POR QUE O OPEN SOURCE É ESTRATEXICO PARA OS NEGOCIOS. MAR CASTRO (IGALIA)

10:30-11:15 TECNOLOXÍAS LIBRES E VIÑO: O CASO DE BODEGAS PACO Y LOLA.  CARLOS CARRION

11:15-12:00 NEGOCIO CON DATOS: ONDE ESTAN OS LIMITES.  JAVIER DE LA CUEVA

12:00-12:30 PAUSA-CAFÉ

12:30-13:15 TECNOLOXIAS ABERTAS DEBAIXO DO MAR: OPENROV.  FRANCISCO JAVIER SANCHEZ

13:15-14:00 UN CASO PARA AS ESCOLAS DE NEGOCIO: MODELO IGALIA. XAVIER CASTAÑO

16:00-16:45 SOFTWARE LIBRE GALEGO POLO MUNDO: ICARTO. PABLO SANXIAO

16:45-17:30 PARTNERS TECNOLÓXICOS, UNHA SOLUCIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DE NEGOCIOS: ANUBIA. WILFREDO SANTANA

17:15-17:45 PAUSA-CAFÉ

17:45-18:30 SESION FINAL: COLABORACIÓN PARA O FUTURO.  JUAN FREIRE

Inscrición

O Clúster TIC e Agasol lanzan o grupo de traballo de software libre

Captura de pantalla de 2015-03-06 13:57:56

O Grupo traballará para xestionar oportunidades e axudar ás empresas que:

  • Queiran adoptar procesos en Software Libre
  • Liberar os seus produtos
  • Buscar axuda e soporte para proxectos.

A primeira reunión celebrarase en Santiago o 17 de marzo e nela comezarán cun primeiro proxecto sobre cidades intelixentes con Software Libre, e os participantes podan apuntar outros proxectos.

AGASOL da un paso a diante para consolidar o peso específico que o Software Libre ten no sector empresarial galego

O presidente de Agasol, Xavier Castaño García, destacou que o convenio suporá un incremento no coñecemento que as empresas galegas teñen das solucións empresariais baseadas en Software libre

A Confederación de Empresarios de A Coruña e a Asociación de Empresas GAlegas de SOftware Libre (AGASOL) _sinatura_convenio_CEC_AGASOL_sumarán as súas forzas para  promover e divulgar de forma conxunta o uso de software libre. Os presidentes de ambas as dúas entidades, Antonio Fontenla Ramil e Xavier Castaño García, respectivamente, asinaron hoxe un convenio de colaboración de duración indefinida que prevé a difusión do Software Libre no ámbito empresarial e a presentación e uso de solucións empresariais baseadas en Software libre.

Nos últimos anos a aposta polo software libre en Galicia, a través de AGASOL, está medrando considerablemente, “porque as empresas buscan un modelo de negocio eficiente, adaptable ás súas necesidades, rendible e de alta calidade, e iso no ámbito do software ofréceo o software libre”.

Xavier Castaño Garcia,  presidente de AGASOL, dixo que este convenio é un paso adiante para Agasol, xa que abre as portas a  consolidar o peso específico que o Software Libre ten no sector empresarial galego. Asimesmo, abre unha canle de estreita colaboración co resto do sector empresarial que esperamos axude a crecer a implantación e desenvolvemento de Software Libre en Galicia”.

Sobre a Confederación de Empresarios de A Coruña

A CEC é unha organización profesional de carácter confederativo e intersectorial, de ámbito provincial, sen ánimo de lucro, constituída para a coordinación, representación, xestión, fomento e defensa dos intereses empresariais, xerais e comúns, que está dotada de personalidade xurídica e plena capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fins.
Dentro das súas competencias está o establecemento de servizos de interese común e a promoción do avance nos métodos e técnicas de xestión de empresa, mediante a organización e funcionamento dos oportunos medios de información.

Sobre AGASOL

Agasol é unha iniciativa de empresas galegas de software libre, constituida no ano 2007 e que se agrupan nunha asociación sen ánimo de lucro para intentar acadar maiores oportunidades de negocio, exercer como interlocutores dun sector en fase expansiva en Galicia e, ao tempo, promocionar un modelo de sociedade do coñecemento no que resulta clave a liberdade para mellorar os programas informáticos e facer públicos e accesibles eses progresos.

O Clúster e AGASOL suman forzas para impulsar o crecemento do sector TIC galego

O Clúster TIC Galicia e a Asociación de Empresas GAlegas de SOftware Libre (AGASOL) sumarán as súas forzas para contribuir a mellora da competividade e o crecemento do hipersector galego das tecnoloxías da información e das comunicacións. Os presidentes de ambas as dúas entidades, Antonio Rodríguez del Corral e Xavier Castaño García, respectivamente, asinaron hoxe un convenio de colaboración de duración indefinida que prevé a converxencia de actividades e o desenvolvemento de sinerxias.

Firma_Convenio

En virtude do acordo, AGASOL e o Clúster pasarán a traballar de forma integrada e coordinada, como se dunha soa organización se tratase, e falarán cunha voz única a nivel institucional, asumindo o Clúster a representatividade no sector de ambas as dúas entidades. O Clúster TIC creará na súa organización interna un grupo de interese de Software Libre, así como un portavoz para esta materia, que participará nas

reunións do seu Comité de Dirección. Os socios de AGASOL pasarán automáticamente a selo tamén do Clúster.

AGASOL manterá a súa xeración de proxectos e actividades, que se fará no seo da estrutura do Clúster e de forma aberta a todos os asociados. Unha comisión paritaria de seguimento velará polo bo desenvolvemento do convenio.

Antonio Rodríguez del Corral, presidente do Clúster TIC Galicia, sinalou que a sinatura do convenio supón “un importante avance de cara a establecer marcos de colaboración entre as entidades do sector que axuden ás empresas a desenvolver produtos e servizos innovadores e con capacidade para aproveitar as oportunidades que ofrecen os mercados. Para o Cluster e para os clientes dos seus socios é importante contar coa experiencia en software libre de Agasol, porque cada vez mais proxectos de cliente, de electrónica ou no ámbito das smartcities ou dos datacenters execútanse total ou parcialmente en software libre”.

Pola súa banda, Xabier Castaño García, presidente de AGASOL, dixo que este convenio é un paso a diante para Agasol, xa que abre as portas a consolidar o peso específico que o Software Libre ten no no sector TIC galego. Asimesmo, abre unha canle de estreita colaboración co resto do sector que esperamos axude a crecer a implantación e desenvolvemento de Software Libre en Galicia”.

Agasol queda finalista no concurso de Aesgal Proxectos visibles

  • Destinado a premiar aos proxectos de sociedades laborais de nova creación e iniciativas sociais que cumpran os principios da economía social.

Santiago, 23 de outubro de 2014.- A Asociación de empresas galegas de software libre Agasol presentou o seu proxecto social: “Agasol Terceiro sector” Un proxecto que achega as TIC ao terceiro sector para fomentar o Software e o Coñecemento libres como modelo de desenvolvemento tecnolóxico.

Captura de pantalla de 2014-10-23 12:31:10O concurso conto con dúas categorías:

A primeira destinada a premiar a mellor iniciativa empresarial para sociedades laborais galegas creadas no últimos tres anos.

A segunda ten como obxectivo premiar a iniciativa social, levada a cabo por calquera entidade galega (excepto sociedades laborais e cooperativas), e que se ateña aos principios que rexen ás empresas de economía social (participación, primacía das persoas e o obxecto social, democracia, transparencia, etc.)

O formato de concurso foi participativo, subironse á web os documentos dás empresas preseleccionadas e abriuse unha semana de votacións en liña, abertas á participación de todo ou mundo, entre ou 18 e ou 25 de outubro. Dous proxectos elixidos polos internautas, e ou xurado elixe ou gañador de cada categoría.

Trátase dun Proxecto que ten como obxectivo, ademais de xerar comunidade ao redor das sociedades laborais e de dalas a coñecer, identificar proxectos de fóra da economía social que seguen os nosos principios, e destacar o importante que é nestes tempos que a sociedade descubra novas formas de facer empresa e actividade económica, de forma sustentable e respectuosa coas persoas e coa contorna.

- AGASOL | Feito en Wordpress
Rss Feed Tweeter button Facebook button Linkedin button