AGASOL Logo

Xornadas “Software Libre contra a crise”

AGASOL (Asociación Galega de Empresas de Software Libre) vai realizar unhas Xornadas de Promoción de Software Libre para as PEMES co título de “Software Libre contra a crise” en colaboración coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia e a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.

O obxectivo fundamental das xornadas é achegar os produtos e casos de éxito de uso de Software Libre ás PEMES galegas, contribuíndo á mellora da produtividade e ao aforro de custos a través da utilización da tecnoloxía; ademais, os asistentes acadarán unha comprensión básica das vantaxes do Software Libre a nivel empresarial, e poderán coñecer varias aplicacións especificas útiles para optimizar a súa xestión, experiencias exitosas doutras empresas similares e un grupo de posibles partners e/ou asesores tecnolóxicos cos que colaborar na implantación das solucións.

Así, as Xornadas teñen un dobre interese: amosar as potencialidades do Software Libre, por unha banda, e por outra, ofrecer diferentes posibilidades de soporte de produtos e servizos ás PEMES galegas por parte de AGASOL. Trátase dunha relación baseada nas vantaxes que hoxe en día ofrece o Software Libre: fiabilidade, seguridade, calidade e menor custo.

O acceso á xornada é libre e de balde,  previa preinscrición en http://www.agasol.org/ga/eventos

Datas previstas

SANTIAGO 04/11/2010 9:45-14:00 (inscrición online)
Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia
Rúa Airas Nunes, s/n – Conxo

LUGO 09/11/2010 10:00-14:00 (inscrición online)
Confederación de Empresarios de Lugo
Praza Santo Domingo, 6-8-2º

A CORUÑA 11/11/2010 10:00-14:00 (inscrición online)
Confederación de Empresarios de A Coruña
Praza Luis Seoane, torre 1, entreplanta

VIGO 16/11/2010 10:00-14:00 (inscrición online)
Confederación de Empresarios de Pontevedra
Avda. García Barbón nº 104, 1.ª

OURENSE 18/11/2010 16:00-20:00 (inscrición online)
Confederación de Empresarios de Ourense
Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao
Rúa Ricardo Martín Esperanza s/n, Edificio Multiusos

FERROL 25/11/2010 10:00-14:00 (inscrición online)
Centro de Innovación e Servicios de Galicia
A Cabana s/n

Programa das Xornadas (Ourense pola tarde)

10:00 -10:15 Presentación institucional da xornada
10:15 -11:00 Software libre: Solucións exitosas para a PEME.
Ponente: Roberto Brenlla (TEGNIX)
11:00 -11:45 Mellora da xestión empresarial. O caso de éxito de OpenERP.
Ponente: Santiago Argüeso (Pexego)
11:45 -12:00 Pausa café.
12:00 -12:45 Administración de sistemas. Aibox.
Ponente: Alejandro Escobar (Aitire)
• 12:45 –13:30 Creación de portais corporativos con software libre. Joomla e Typo3.
Ponente: Gumersindo Veloso (Redegal)
13:30 -14:00 Coloquio e Peche xornada.

Imprimir Imprimir
- AGASOL | Feito en Wordpress
Rss Feed Tweeter button Facebook button Linkedin button