

O ecosistema galego do software libre
Coñece AgasolConectamos empresas, profesionais e comunidade arredor da tecnoloxía aberta
Agasol é unha iniciativa de empresas galegas de software libre que se agrupan nunha asociación non só para acadar maiores oportunidades de negocio, senón tamén para acadar unha maior interlocución entre o sector e outros axentes da economía, da administración e da sociedade. Ademáis, procuramos un modelo de sociedade do coñecemento no que resulte clave a liberdade para mellorar os programas informáticos e facer públicos e accesibles ese progreso.
Promocionar o Software Libre como ferramenta válida para desenvolver a sociedade da información en Galicia.
Ante a Administración Pública galega para apoiala e asesorala no proceso de migración e implantación de Software Libre e estándares abertos.
Fomentar e organizar a colaboración entre as suas empresas asociadas, de maneira que poidan facilitarse e xerarse novas oportunidades de negocio

O software libre é unha aposta pola independencia tecnolóxica, polo coñecemento xerado por compartir tecnoloxía, unha garantía de operatividade e soporte a longo prazo porque a persoa desenvolvedora non ten a necesidade de converter en obsoletos os seus produtos para dar continuidade a unha espiral comercial.
Bota unha ollada a algúns dos nosos proxectos realizados



