AGASOL Logo

Internet of Things, a nova educación, a electrónica de consumo e o sector da automoción conectada, eixes temáticos de LibreCon 2015

Librecon_azul_completo

 

 

 

 

 

Que teñen que ver o coche conectado, internet of things (IoT) e a educación? Todo e nada á vez. Este ano Librecon adicará o seu programa a falar de como as tecnoloxías libres teñen cabida nestes eidos.

Contaremos para iso con relatores/as de alto nivel procedentes de diferentes partes do mundo que, a través de charlas, obradoiros, debates, achegarannos as últimas novidades no eido do software e o hardware libres.

Canonical, Magneti Marelli, Intel, OpensourceVehicle serán algunhas das entidades que estarán presentes en Librecon2015, sen deixar de lado a empresas e iniciativas galegas como Igalia, Staticboards, CESGA, AGASOL, que moito teñen que decir e aportar a un sistema socioeconómico en constante cambio.

Falaremos de robots submariños, de Edupunk, de smarthomes, hacklabs nas escolas e ata de vacas conectadas. Que máis podemos pedir?

Convidamos a todas aquelas persoas interesadas en escoitar e coñecer máis de cerca estas e outras experiencias a que asistan os días 29 e 30 de outubro na Cidade da Cultura de Galicia a Librecon2015

 

  • Onde?  Edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela)
  • Cando?  29 e 30 de outubro de 2015
  • Como?  Entrada de balde previa inscrición  inscribirse aquí
  • Precisas aloxamento?  Prezos especiais aquí

 

 

LogoContratipoLogoCluster

 

 

 

 

 

 

Imprimir Imprimir
- AGASOL | Feito en Wordpress
Rss Feed Tweeter button Facebook button Linkedin button