AGASOL Logo

Un espazo onde ver, escoitar pero tamén amosar experiencias de colaboración

LOGO COLABORATICGAL banmini

Porque queremos coñecer e achegarnos a diferentes modelos de colaboración

Porque as empresas necesitan espazos onde coñecerse e colaborar

Porque o maridaxe entre as tecnoloxías abertas e o tecido empresarial é fonte de innovación

Se cres en todo isto, AGASOL (Asociación Galega de Empresas de Software Libre) convídache a este evento.

O vindeiro 17 de xuño celebramos a xornada colaboraTIC.gal, un espazo onde ver, escoitar pero tamén amosar experiencias de colaboración entre os eidos das tecnoloxías abertas e o tecido empresarial
Se tes un proxecto/idea/empresa onde o maridaxe software libre-empresa sexa chave, ven e preséntao.

Queres participar? Como? Tes dúas formas:
1.- ESCOITAR
Coñece e escoita as algunhas das mellores experiencias de colaboración entre SWL e outros eidos, a través de interesantes mesas de experiencias.

Cando? 17 de xuño de 9:30 a 15:00 (inclúe xantar-networking)
Onde? Sala Eismann da Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
A asistencia é de balde, previa inscrición aquí

2.- FALAR E INTERCAMBIAR

Se tes unha idea/proxecto xenial e a queres presentar, participa nun divertido speed-dating

Cando? 17 de xuño de 15:00 a 17:30
Onde? Sala Eismann da Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
Para participar, debes cubrir o seguinte formulario. Seleccionaranse 10 proxectos en software libre e 10 proxectos non tecnolóxicos.

#colaboraticgal

colaboratic.gal

 

 

Imprimir Imprimir
- AGASOL | Feito en Wordpress
Rss Feed Tweeter button Facebook button Linkedin button