AGASOL Logo

Agasol reúnese cos partidos políticos para promocionar e fomentar de uso do Software Libre en Galicia.

Agasol vai levar a cabo accións para informar aos distintos grupos políticos galegos sobre a súa aposta polo uso e fomento do software libre nas administracións públicas; algo polo que leva loitando desde o mesmo día da súa constitución e que se reflectiu en multitude de iniciativas, como a creación da AGASOL (Asociación de empresas GAlegas de Software Libre no ano 2007 ou a organización do maior encontro estatal de negocios abertos (LibreCon).

Agasol expresa o seu desexo de poder utilizar software libre, tecnoloxías abertas e redes libres como ferramentas de transformación social, independencia tecnolóxica, innovación, apoio á economía local e outros moitos aspectos positivos.

Un contexto perfecto para a administración pública galega. Desde a nosa experiencia en múltiples proxectos de carácter público, sabemos que tanto o goberno galego como as deputacións e concellos están sensibilizados co mundo aberto e libre e contribúen á súa promoción, conscientes dos seus beneficios para toda a cidadanía. Esperamos que estas xuntanzas sirvan para seguir despertando interese das administracións galegas e contribúa a impulsalo en toda a súa amplitude.

Imprimir Imprimir

- AGASOL | Feito en Wordpress
Rss Feed Tweeter button Facebook button Linkedin button