AGASOL Logo

A biblioteca da Universidade de Cádiz estrea software libre, grazas á socia de Agasol Xercode Servizos Documentáis

o 14 de novembro activouse na Biblioteca UCA o novo sistema de xestión KOHA, de código fonte aberto.

Isto leva cambios visuais e de funcionalidades na páxina web da área de Biblioteca e Arquivo:

O Buscador, a ferramenta que permite localizar todos os recursos da biblioteca, agora está acompañado do Carrusel de novidades, que permite ver e acceder aos últimos libros adquiridos, e de ligazóns directas a:

  • A miña Conta á que se accede coas claves universitarias (ou+DNI ? Contrasinal) e que permite ver os seus préstamos, reservas, facer suxestións de compras, etc.
  • Na Biblioteca, busca entre os fondos que fisicamente se atopan nos andeis, principalmente libros e revistas en papel, vídeos, etc.
  • Recursos electrónicos, permite acceder a bases de datos e a libros e revistas electrónicos.
  • Bibliografías recomendadas, permite localizar os manuais das materias.
  • Préstamo libros electrónicos, permite a lectura en liña ou sen conexión de libros electrónicos adquiridos de diferentes editoriais ou editados por universidades españolas.

Xercode Servizos Documentais

 

 

 

Imprimir Imprimir
- AGASOL | Feito en Wordpress
Rss Feed Tweeter button Facebook button Linkedin button