AGASOL Logo

Os SuSE Expert Days chegan a Santiago da man de AGASOL e o CPEIG

SUSE EXPERT DAYS GALICIA. SUSE percorrerá cidades de países de América, Europa, África e Rusia, dando a coñecer as súas últimas propostas baseadas en solucións de código aberto para servidores, computación na nube, Docker, e moito máis no que denominan SUSE Expert Days.

E nesa xira mundial, recalarán en España, en concreto este mes de marzo, estarán o 17 de marzo en Santiago de Compostela, despois de estar no 16 de febreiro en Madrid e o 18 de febreiro en Barcelona.

Se estás interesado en coñecer máis o que propón SUSE, a empresa máis veterana dedicada a Linux e o código aberto, en canto a sistemas operativos empresariais e para servidores baseados en GNU/Linux como é SUSE Linux Enterprise Sever, e outras solucións como SUSE Manager, SUSE OpenStack Cloud, SUSE Enterprise Storage, non te perdas a cita.

Que son os SUSE Expert Days? Son eventos dun día de duración con charlas técnicas e demostracións dos seus produtos, que ofrecen aos profesionais das tecnoloxías información sobre as ferramentas que desenvolven e que lles poden ser útiles para desenvolverse no seu día a día nos seus ?data centers?.

Máis detalle dos eventos, links de rexistro, horarios, e lugares nos que se celebrarán poderalo atopar nas seguintes ligazóns:

SUSE Expert Days: 17 de marzo 2016 en Santiago de Compostela

Se che interesan os temas ben sexa de maneira profesional ou porque está interesado en coñecer o que ofrece SUSE, reserva xa a túa praza e asiste ao evento!

 

 

Imprimir Imprimir
- AGASOL | Feito en Wordpress
Rss Feed Tweeter button Facebook button Linkedin button