AGASOL Logo

O Concello de A Coruña impulsa con Agasol un estudo para avaliar e planificar a migración dos servizos municipais ao software libre

 

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro e o Presidente de Agasol, Carlos Rodriguez, asinaron este mércores un convenio de colaboración, dirixido a contribuír á realización de actuacións de capacitación e promoción do software libre e de fontes abertas e o uso de estándares abertos. En concreto, e como indica a concelleira de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso, tamén presente no acto desta mañá, o protocolo servirá para a elaboración dun plan de migración ao software libre por parte dun ente municipal, que tomará como base a administración coruñesa, como primeiro paso para avaliar, planificar e temporalizar o proceso de migración a este tipo de tecnoloxías dentro da administración local.

 

 

 

Imprimir Imprimir
- AGASOL | Feito en Wordpress
Rss Feed Tweeter button Facebook button Linkedin button