Agasol renova a súa xunta directiva
A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre vén de renovar a súa xunta directiva elexida durante a celebración da Asamblea Xeral que tivo lugar o pasado 20 de xullo en Santiago de Compostela.
A presidencia do órgano de goberno recaeu en Roberto de Brenlla, de Tegnix; a vicepresidencia en Jorge Vázquez, de Redegal; como secretario continúa José Ramón Pena, de Inforede; e como tesoureiro Xaime Garaboa, de Signo. Os catro vocais son David Pardo, de Corunet; José Manuel Monteagudo, de Bora Telecom; Óscar González, de Represas de ITG; e Marcos Pita, de Egalcom.
A Asamblea Xeral tamén acordou a creación de novos grupos de traballo, así como a mellora dos actuais estatutos. Durante a reunión tamén houbo ocasión para expor os trazos principais do Plan Estratéxico 2009-2010.
O traballo do novo equipo xa se concretou nunha reunión do presidente de Agasol, Roberto Brenlla, e o xerente da entidade, Luís Fernández, co presidente de ASOLIF, Daniel Armendáriz, o pasado 22 de xullo.
Nova xunta directiva
Presidente: Roberto Brenlla de Tegnix
Vicepresidente: Jorge Vázquez de Redegal
Secretario: José Ramón Pena Rodríguez de Inforede
Tesoureiro:Xaime Garaboa Fernández de Signo
Vocal: David Pardo de Corunet
Vocal: José Manuel Monteagudo de Bora Telecom
Vocal: Óscar Glez. Represas de ITG
Vocal: Marcos Pita de Egalcom