Asóciate

POR QUE ASOCIARTE?

AGASOL conta con 10 anos de traballo e experiencia no campo do Software Libre e da cultura libre. Ten un gran coñecemento do sector tanto en axentes públicos como privados, incluíndo máis de 40 empresas que son ou foron socios de AGASOL.

QUE OFRECE AGASOL AOS SEUS SOCIOS?

O obxectivo de AGASOL é axudar a xerar oportunidades de negocio para empresas e asociacións que a  compoñen. Para iso AGASOL pon en mans dos seus asociados un catálogo de servizos dirixidos a este fin.

Visibilidade focalizada

Establécense varias vías para dotar de maior visibilidade ás empresas e asociacións federadas en AGASOL: O sitio web de Agasol https://www.agasol.gal e difusión en redes sociais.

Canal de Twitter

Utilizarase o canal de twitter (@AGASOL_empresas) para dar maior difusión a contidos da web, anuncios de empresas e asociacións federadas, etc.

Newsletter Agasol

Regularmente, desde AGASOL, envíase unha newsletter con información relativa a novedades, próximos encontros ou eventos nos que se participa.

MÁIS VANTAXES

As empresas e asociacións federadas que o desexen contarán cun espazo onde poderán presentar brevemente os seus produtos ou servizos nos eventos organizados por AGASOL.

ColaboraTic colaboratic, Revolusion, etc

Como principal expoñente destas reunións, temos a “LibreCon”, unha xuntanza internacional anual organizada por AGASOL en colaboración con algunhas das asociacións federadas. Con máis de 800 asistentes, trátase dunha reunión de dous días centrada no ámbito empresarial en torno ás tecnoloxías abertas, aínda que tamén hai espazo para unha sección técnica.

Ademáis, AGASOL colabora con outros eventos e encontros, que se publican na páxina web e a través dos seus medios de comunicación (redes sociais, newsletter, etc.).

Como punto de contacto onde traballar en desenvolvemento de novos produtos, proxectos ou incluso desenvolvemento de oportunidades comerciais, se desenvolven as seguintes ferramentas de networking:
Foro de participación aberto pero de rexistro limitado ás empresas e asociacións federadas de AGASOL
Participación en eventos propios (Eventos AGASOL), así como en encontros nacionais e internacionales (Ej: CeBIT, OSCON EU, OpenExpo, etc.).
Colaboración con ICEX para encontros e misións comerciais no extranxeiro.
Lista de correo para anuncios e newsletter.
Colaboración e acuerdos con iniciativas internacionales como Open Source Business Alliance (OSBA), OW2, etc.

Sección privada e de acceso sólo polas empresas e asociacións federadas de AGASOL donde se publican:

  • Ofertas de proxectos nos que se busca provedor tecnolóxico
  • Ofertas de socios para propostas a proxectos tanto de iniciativa pública como privada

Neste apartado, as empresas ou asociacións federadas presentan unha candidatura formal dentro dos prazos establecidos. AGASOL pode realizar un proceso de selección e validación previa, co fin de poñer en contacto os interesados, actuando como axente do proxecto.

AGASOL, a través das empresas e asociacións federadas, entidades coas que colabora e experiencia e coñecemento no sector, ofrece ferramentas para axudar no desenvolvemento de produto e proxectos empresariais por parte das empresas asociadas. Algúns exemplos son:

  • Asesoría legal, desde o apartado de licenzas, hasta contratos, internacionalización (entidade colaboradora del ICEX [PDF]), etc.
  • Formación e capacitación técnica a través do proxecto OpenJob e proyectos de Formación, a nivel de  desenvolvemento de negocio entorno ao mundo das tecnoloxías abertas e incluso en ferramentas específicas.
  • A través do proxecto Finodex (http://www.finodex-project.eu/), AGASOL ofrece soporte e asesoría para a participación nesta aceleradora como nalgunha das 15 restantes que existen ao redor  do proxecto FIWARE (http://www.fiware.org/).

PROCEDEMENTO DE ALTA

Para formar parte como entidade socia de AGASOL, é preciso seguir un proceso moi sinxelo que ven establecido no Artigo 8 dos nosos Estatutos. Básicamente consiste en enviar un escrito á Asociación –info@agasol.gal– indicando o seu interese en pertencer a ela e sobre todo debe confirmarnos que ten, ou quere ter, relación co desenvolvemento, comercialización, mantemento, difusión e utilización de ferramentas de Software Libre explicando brevemente ditas actividades. Con estes datos, revisaremos a solicitude dende a Xunta Directiva e, se todo está conforme, ratificarase como socio na votación final da Asemblea Xeral, precisando dous terzos dos votos emitidos.  As cotas establecidas para as entidades socias dependerán do seu «Importe neto da cifra de negocios» do último exercicio fiscal, tendo un tratamento especial a entidade emprendedora.

Para asociarse debe enviarnos un correo a info@agasol.gal.

keyboard_arrow_up