AGASOL Logo

Misión comercial a Brasil e Estudo mercado China

MISIÓN COMERCIAL A BRASIL E ESTUDO DE MERCADO CHINA-SECTOR TIC
O IGAPE ao amparo das liñas de axuda á internacionalización das empresas galegas publicadas o 2 de febreiro de 2011 no DOG, concedeulle a AGASOL unha axuda que se materializou nun proxecto cunha dobre vertente; Misión comercial a Brasil e Estudo de mercado China-Sector TIC.

1.-MISIÓN COMERCIAL A BRASIL
Misión desenvolvida de forma conxunta por AGASOL, Eganet e o Cluster TIC onde lle permitiu a un amplo grupo de empresas socias viaxar a Sao Paulo entre as datas de setembro e outubro de 2011 e participar en reunións con profesionais brasileiros co fin de atopar sinerxias e toma de contacto con interlocutores viables para o seu negocio.

Os obxectivos que se buscaron foron:

  • Identificar as necesidades de melloras para abordar un proceso de internacionalización.
  • Toma de contacto cos aspectos legais, fiscais e económicos que poidan influir na posibilidade de negocio no mercado brasileiro.
  • Conseguir contactos viables que permitan o desenvolvemento de negocio ou identificar oportunidades neste mercado.
  • Coñecer os produtos das empresas participantes no proxecto de cara a xenerar unha interacción que poida producir sinerxias entre elas.

2.-ESTUDO DE MERCADO CHINA-SECTOR TIC
Realizouse un estudo de mercado encamiñado á obtención de información e definición de estratexias a desenvolver co obxectivo de realizar negocio en China para as empresas de AGASOL.

Este estudio aporta unha gran axuda para definir as estratexias de ataque a este inmenso mercado, cun profundo coñecemento dos factores aos que terán que someterse as empresas de AGASOL que opten por abrir fronteiras á internacionalización e se adentren no mercado Chino.

Logo IGAPE Cofinanciado

Imprimir Imprimir
- AGASOL | Feito en Wordpress
Rss Feed Tweeter button Facebook button Linkedin button