AGASOL Logo

(R)Evolusion

Xunta de Galicia - SXMITLogo Plan Avanza2Logo Ministerio Industria Turismo y Comercio

(R)EVOLUSION: CARA A MODELOS DE NEGOCIO BASEADOS EN SOLUCIÓNS TIC EN CÓDIGO ABERTO.

Data da resolución da concesión:

Resolución do 20 de Octubre de 2010, da Subdirección Xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información, pola que se dispón a publicación da relación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 15 de xuño de 2010 para as entidades sen ánimo de lucro, para actuacións de difusión relacionadas co desenvolvemento da Sociedade da Información, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e polo Plan Avanza, procedemento administrativo PR521A.

Data de publicación no DOG:

Publicada no DOG Nº 223, Venres, 19 de novembro de 2010, anuncio do 12 de Novembro de

2010, da Subdirección Xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información.

Norma reguladora:

Resolución do 15 de xuño de 2010, da Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións destinadas a entidades sen ánimo de lucro, para actuacións de difusión relacionadas co desenvolvemento da Sociedade da Información na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e polo Plan Avanza, e se procede á súa convocatoria para 2010.

Órgano concedente:

Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica

Crédito orzamentario:

Aplicación: 04.70.571A.781.0

Denominación: Achegas a institucións sen fins de lucro para proxectos da Sociedade da Información

Ano 2010: 1.000.000 Euros

Contía e finalidade da subvención:

Presuposto da actuación: 15.630,56 €

Subvención concedida: (85%) 13.285,98 €

Finalidade : “(R)evoLusion: cara a modelos de negocio baseados en solucións tic en código aberto”: a súa finalidade é estudar como afecta o software libre aos sectores industriais dende unha perspectiva entorno a modelos de negocio e dirección de empresas.

Cofinanciación:

As actuacións desta convocatoria fináncianse coa participación do Ministerio de Industria, Turismo y Comercio, en virtude da Axenda 2009 ao convenio marco de colaboración coa Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento de distintos programas propostos no ámbito do Plan Avanza, asinada o 28 de setembro de 2009. As actuacións de difusión dirixidas á cidadanía están financiadas parcialmente polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Plan operativo Feder Galicia 2007-2013, polo que este réxime de subvencións quedará suxeito aos regulamentos (CE) 1080/2006 (DOUE do 31 de xullo), 1083/2006 DOUE do 31 de xullo) e 1828/2006 (DOUE do 15 d febreiro de 2007) relativos ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.”

Memoria técnica

Resumen Memoria

Licenza Recoñecemento – Compartir baixo a mesma licenza.

Logo CC BY-SA 3.0

Imprimir Imprimir
- AGASOL | Feito en Wordpress
Rss Feed Tweeter button Facebook button Linkedin button