AGASOL Logo

Xornada: “Software libre no terceiro sector: oportunidades para o desenvolvemento”

Proxecto cofinanciado

Data da resolución da concesión:

Proxecto subvencionado de acordo coa Resolución do 2 de setembro de 2011, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

Data de publicación no DOG:

Publicada no DOG Nº 205, mércores 26 de outubro de 2011, anuncio do 2 de setembro de 2011 da Subdirección Xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información.

Norma reguladora:

Procedemento administrativo PR521A_2011. Resolución do 24 de marzo de 2011, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións destinadas a entidades sen ánimo de lucro, para actuacións de difusión relacionadas co desenvolvemento da sociedade da información na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e se procede á súa convocatoria para 2011.

Órgano concedente:

Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica

Crédito orzamentario:

Ano 2011: 1.000.000 Euros

Contía e finalidade da subvención:

Presuposto neto da actuación: 23.130,00 €

Subvención concedida: 19.496,88 €

Finalidade: Xornada software libre no terceiro sector: oportunidades para o desenvolvemento . A súa finalidade foi sensibilizar e achegar ao terceiro sector o Software Libre como ferramenta e solución de aplicabilidade no seu eido de traballo, e como plataforma de achegamento a colectivos sociais desfavorecidos, que non teñen apenas contacto coas novas tecnoloxías. Ademáis de ofrecer solucións prácticas a problemáticas e situacións concretas neste sector.

Cofinanciación:

As actuacións desta convocatoria están financiadas parcialmente polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Plan operativo Feder Galicia 2007-2013, polo que este réxime de subvencións quedará suxeito aos regulamentos (CE) 1080/2006 (DOUE 31-7-2006), 1083/2006 (DOUE 31-7-2006) e 1828/2006 (DOUE 15-2-2007) relativos ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Memoria técnica

MEMORIA

Licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza.

Imprimir Imprimir
- AGASOL | Feito en Wordpress
Rss Feed Tweeter button Facebook button Linkedin button