AGASOL Logo
Presentacion

Decenas de organizacións internacionais, ás que se suma Agasol esixen que o diñeiro público só financie software libre

Coa campaña “Public Money” “Public Code”, a FSFE e decenas doutras organizacións de toda Europa pretenden concienciar a cidadáns e políticos de que o diñeiro público, o diñeiro de todos os contribuíntes, debe gastarse responsablemente e non utilizarse para sufragar o desenvolvemento de software privativo. Edward Snowden deu a súa opinión sobre o proxecto nun comunicado. Podes asinar unha carta aberta que se enviará a parlamentarios da UE.

Public Code

LibreCon 2017 ABERTO Call For Papers

 

Xa está aberto o período para o Call For Papers ata o 10 de Setembro e poderedes enviarnos os vosos relatorios para participar en LibreCon 2017.

Aínda que as temáticas centrais están determinadas pola Industria 4.0, o Sector Primario e a Economía Colaborativa, tamén podedes enviarnos outras que consideredes interesantes, sempre ao redor do Software e Hardware Libre.

Para enviar un relatorio faga click aquí

As empresas de software libre co sector rural co sector rural galego

Experiencias do rural e experiencias en software libre. Conectadas e por conectar, ven, escoita, e fala!

O vindeiro venres 16 de xuño achégate á Cidade da Cultura a ColaboraTIC.gal, unha xornada para ver, escoitar pero tamén amosar experiencias de colaboración entre os eidos das tecnoloxías abertas e o sector rural.

Contaremos coa participación de profesionais e experiencias como AGASOL, Fran Quiroga, Granxa Familiar, ICARTO, EFA Galicia, QGIS, Librebit, Galirema, Adegas Lagar de Costa, a Organización Galega de Comunidades de Montes (OGCCMM) e a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA)

Se che interesa asisitir, aínda estás a tempo! Inscríbete aquí, a asistencia é de balde!

Inscrición

Esta xornada comeza ás 9:30 e remata ás 14:00 cun xantar-networking para as persoas inscritas.

Lugar: Sala Eisenmann da Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela)
+ info en http://colaboratic.gal/

Para calquera consulta ou suxestión podes escribirnos a eventos@agasol.org

 

 

 

 

Os SuSE Expert Days chegan a Santiago da man de AGASOL e o CPEIG

SUSE EXPERT DAYS GALICIA. SUSE percorrerá cidades de países de América, Europa, África e Rusia, dando a coñecer as súas últimas propostas baseadas en solucións de código aberto para servidores, computación na nube, Docker, e moito máis no que denominan SUSE Expert Days.

E nesa xira mundial, recalarán en España, en concreto este mes de marzo, estarán o 17 de marzo en Santiago de Compostela, despois de estar no 16 de febreiro en Madrid e o 18 de febreiro en Barcelona.

Se estás interesado en coñecer máis o que propón SUSE, a empresa máis veterana dedicada a Linux e o código aberto, en canto a sistemas operativos empresariais e para servidores baseados en GNU/Linux como é SUSE Linux Enterprise Sever, e outras solucións como SUSE Manager, SUSE OpenStack Cloud, SUSE Enterprise Storage, non te perdas a cita.

Que son os SUSE Expert Days? Son eventos dun día de duración con charlas técnicas e demostracións dos seus produtos, que ofrecen aos profesionais das tecnoloxías información sobre as ferramentas que desenvolven e que lles poden ser útiles para desenvolverse no seu día a día nos seus ?data centers?.

Máis detalle dos eventos, links de rexistro, horarios, e lugares nos que se celebrarán poderalo atopar nas seguintes ligazóns:

SUSE Expert Days: 17 de marzo 2016 en Santiago de Compostela

Se che interesan os temas ben sexa de maneira profesional ou porque está interesado en coñecer o que ofrece SUSE, reserva xa a túa praza e asiste ao evento!

 

 

A biblioteca da Universidade de Cádiz estrea software libre, grazas á socia de Agasol Xercode Servizos Documentáis

o 14 de novembro activouse na Biblioteca UCA o novo sistema de xestión KOHA, de código fonte aberto.

Isto leva cambios visuais e de funcionalidades na páxina web da área de Biblioteca e Arquivo:

O Buscador, a ferramenta que permite localizar todos os recursos da biblioteca, agora está acompañado do Carrusel de novidades, que permite ver e acceder aos últimos libros adquiridos, e de ligazóns directas a:

  • A miña Conta á que se accede coas claves universitarias (ou+DNI ? Contrasinal) e que permite ver os seus préstamos, reservas, facer suxestións de compras, etc.
  • Na Biblioteca, busca entre os fondos que fisicamente se atopan nos andeis, principalmente libros e revistas en papel, vídeos, etc.
  • Recursos electrónicos, permite acceder a bases de datos e a libros e revistas electrónicos.
  • Bibliografías recomendadas, permite localizar os manuais das materias.
  • Préstamo libros electrónicos, permite a lectura en liña ou sen conexión de libros electrónicos adquiridos de diferentes editoriais ou editados por universidades españolas.

Xercode Servizos Documentais

 

 

 

Agasol reúnese cos partidos políticos para promocionar e fomentar de uso do Software Libre en Galicia.

Agasol vai levar a cabo accións para informar aos distintos grupos políticos galegos sobre a súa aposta polo uso e fomento do software libre nas administracións públicas; algo polo que leva loitando desde o mesmo día da súa constitución e que se reflectiu en multitude de iniciativas, como a creación da AGASOL (Asociación de empresas GAlegas de Software Libre no ano 2007 ou a organización do maior encontro estatal de negocios abertos (LibreCon).

Agasol expresa o seu desexo de poder utilizar software libre, tecnoloxías abertas e redes libres como ferramentas de transformación social, independencia tecnolóxica, innovación, apoio á economía local e outros moitos aspectos positivos.

Un contexto perfecto para a administración pública galega. Desde a nosa experiencia en múltiples proxectos de carácter público, sabemos que tanto o goberno galego como as deputacións e concellos están sensibilizados co mundo aberto e libre e contribúen á súa promoción, conscientes dos seus beneficios para toda a cidadanía. Esperamos que estas xuntanzas sirvan para seguir despertando interese das administracións galegas e contribúa a impulsalo en toda a súa amplitude.

Un espazo onde ver, escoitar pero tamén amosar experiencias de colaboración

LOGO COLABORATICGAL banmini

Porque queremos coñecer e achegarnos a diferentes modelos de colaboración

Porque as empresas necesitan espazos onde coñecerse e colaborar

Porque o maridaxe entre as tecnoloxías abertas e o tecido empresarial é fonte de innovación

Se cres en todo isto, AGASOL (Asociación Galega de Empresas de Software Libre) convídache a este evento.

O vindeiro 17 de xuño celebramos a xornada colaboraTIC.gal, un espazo onde ver, escoitar pero tamén amosar experiencias de colaboración entre os eidos das tecnoloxías abertas e o tecido empresarial
Se tes un proxecto/idea/empresa onde o maridaxe software libre-empresa sexa chave, ven e preséntao.

Queres participar? Como? Tes dúas formas:
1.- ESCOITAR
Coñece e escoita as algunhas das mellores experiencias de colaboración entre SWL e outros eidos, a través de interesantes mesas de experiencias.

Cando? 17 de xuño de 9:30 a 15:00 (inclúe xantar-networking)
Onde? Sala Eismann da Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
A asistencia é de balde, previa inscrición aquí

2.- FALAR E INTERCAMBIAR

Se tes unha idea/proxecto xenial e a queres presentar, participa nun divertido speed-dating

Cando? 17 de xuño de 15:00 a 17:30
Onde? Sala Eismann da Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
Para participar, debes cubrir o seguinte formulario. Seleccionaranse 10 proxectos en software libre e 10 proxectos non tecnolóxicos.

#colaboraticgal

colaboratic.gal

 

 

LibreTeo 2016

En Agasol xunto co Concello de Teo estamos a organizar un evento centrado na liberdade dás persoas e ou tremendo potencial que ten a xente cando colabora en proxectos libres. Con propostas e referencias nos sectores do software, a cultura e ou coñecemento.

Pantallazo-1

Con este proxecto queremos que a cidadanía poda relacionarse coa cultura libre, axude á súa difusión e colabore na formación tecnolóxica.

Temos 9 charlas ou presentacións moi interesantes para esta xornada. Visita a web do evento LibreTeo 2016

 

iCarto y Cartolab mapean las inundaciones de Mozambique

iCarto, empresa socia de Agasol, y el laboratorio Cartolab de la Universidad de la Coruña organizan, en el marco del proyecto SIXHIARA, un taller de mapeo de las zonas afectadas por las inundaciones de la cuenca de Messalo (Mozambique). El mapeado se realizará mediante OpenStreetMap (OSM), proyecto colaborativo para crear una base de datos geográfica libre.

El taller es de asistencia libre y gratuita, pero es necesaria inscripción previa aquí.

La jornada se realizará en la Escuela de Caminos, Canales y Puertos de la Universidad de la Coruña el viernes 8 de abril. Por la mañana se realizara una sesión explicativa del proyecto SIXHIARA, así como una introducción a OSM. Por la tarde se llevará a cabo una Mapathon, donde los asistentes tendrán la oportunidad de mapear, con ayuda de los especialistas de iCarto y Cartolab las zonas afectadas por las inundaciones. El mapeado se centrará en los aspectos más vulnerables; construcciones (viviendas, centros de salud, escuelas) e infraestructuras viarias (caminos y puentes).

Uno de los principales problemas hidrológicos y humanitarios de Mozambique son las duras inundaciones que afectan a la mayor parte del país. El proyecto SIXHIARA lleva trabajando con la Administración Regional de Aguas del Norte de Mozambique (ARA-Norte) desde 2012 hasta la actualidad, gracias a la financiación de la convocatoria de proyectos de Cooperación Galega. En el marco de este proyecto se está trabajando entre otras actividades en la planificación y delimitación de zonas inundables de las cuencas del norte del país. Este trabajo se realiza con la colaboración del Grupo de Ingeniería del Agua y el Medio Ambiente (GEAMA) y su principal objetivo es definir las áreas inundables y realizar los mapas de riesgo y peligrosidad de inundaciones en las cuencas de Megaruma y Messalo.

Para establecer los riesgos y peligrosidad de las inundaciones a nivel humano y económico es preciso tener cartografía de las infraestructuras y las construcciones. Dada la carencia de cartografía de calidad en la zona norte de Mozambique, especialmente en la zona rural, esta tarea tiene que ser realizada en el marco del estudio. Para que esta cartografía sea libre y pueda ser empleada por otros estudios se realizará a través de OSM, plataforma empleada en muchos ámbitos a nivel humanitario.

Internet of Things, a nova educación, a electrónica de consumo e o sector da automoción conectada, eixes temáticos de LibreCon 2015

Librecon_azul_completo

 

 

 

 

 

Que teñen que ver o coche conectado, internet of things (IoT) e a educación? Todo e nada á vez. Este ano Librecon adicará o seu programa a falar de como as tecnoloxías libres teñen cabida nestes eidos.

Contaremos para iso con relatores/as de alto nivel procedentes de diferentes partes do mundo que, a través de charlas, obradoiros, debates, achegarannos as últimas novidades no eido do software e o hardware libres.

Canonical, Magneti Marelli, Intel, OpensourceVehicle serán algunhas das entidades que estarán presentes en Librecon2015, sen deixar de lado a empresas e iniciativas galegas como Igalia, Staticboards, CESGA, AGASOL, que moito teñen que decir e aportar a un sistema socioeconómico en constante cambio.

Falaremos de robots submariños, de Edupunk, de smarthomes, hacklabs nas escolas e ata de vacas conectadas. Que máis podemos pedir?

Convidamos a todas aquelas persoas interesadas en escoitar e coñecer máis de cerca estas e outras experiencias a que asistan os días 29 e 30 de outubro na Cidade da Cultura de Galicia a Librecon2015

 

  • Onde?  Edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela)
  • Cando?  29 e 30 de outubro de 2015
  • Como?  Entrada de balde previa inscrición  inscribirse aquí
  • Precisas aloxamento?  Prezos especiais aquí

 

 

LogoContratipoLogoCluster

 

 

 

 

 

 

- AGASOL | Feito en Wordpress
Rss Feed Tweeter button Facebook button Linkedin button