Xestión en software libre: liberdade para elixir, crear e facer. Ferramentas de xestión con software libre

Dentro das actuacións enmarcadas no Convenio que Agasol firmou coa Amtega, estamos a desenvolver xuntanzas con diferentes sectores empresariais (gandeiro, agrario, forestal, cultural, comercial, etc), para poñer en coñecemento que é o software libre e identificar posibles necesidades tecnolóxicas e/ou formativas.

📣 Froito da xuntanza realizada coa Fundación pública Artesanía de Galicia levaremos a cabo un curso en liña o día 📅 24 de outubro ás 12h, onde falaremos sobre que é o software libre, filosofía e ás ferramentas existentes máis utilizadas en canto a xestión (Libre Office e ERPs entro outras) e á comunicación.

Cunha filosofía flexible, as persoas asistentes poderán plantexar preguntas ou dúbidas no eido das ferranmentas TIC que mellor se adapten ás súas respectivas actividades.

🟧 Curso gratuito inscribíndote en:

https://artesaniadegalicia.xunta.gal/gl/formacions

keyboard_arrow_up