Xornada Ferramentas de xestión empresarial con software libre

Continuamos coas formacións froito das xuntanzas con diferentes sectores empresariais (gandeiro, agrario, forestal, cultural, comercial, etc) dentro das actuacións enmarcadas no Convenio entre Agasol e Amtega, para poñer en coñecemento que é o software libre e identificar posibles necesidades tecnolóxicas e/ou formativas.

Froito da xuntanza realizada coa 🗣️ Asociación galega de profesionais da tradución e da interpretación (AGPTI) levaremos a cabo un curso en liña.

🗓️ día 27 de outubro ás 18h, onde falaremos sobre que é o software libre, filosofía e ás ferramentas existentes máis utilizadas en canto a xestión (Libre Office e ERPs entro outras) e á comunicación.

Cunha filosofía flexible, as persoas asistentes poderán plantexar preguntas ou dúbidas no eido das ferranmentas TIC que mellor se adapten ás súas respectivas actividades.

📌 Curso gratuito inscribíndote enchendo este formulario

keyboard_arrow_up