Programa do itinerario sobre software libre no Día do Emprendedor
O vindeiro 15 de Maio, Santiago de Compostela acollerá no Pazo de Congresos a celebración do III Día Galego do Emprendedor. Na nosa comunidade Igape e BIC Galicia impulsan este evento co obxectivo de promover e alimentar o espírito emprendedor e nesta edición afóndase no modelo de negocio do software libre, cun itinerario de ponencias no que distintas empresas explicarán como basean os seus negocios nesta tecnoloxía e que foi diseñado por Agasol a través de Igalia, unha das suas empresas asociadas.
O programa é o seguinte:
- 9.30-10.15 “Gurús da Rede”. Ponentes: Juan Freire. Emprendemento, organizacións abertas, novos paradigmas…
Eduardo Manchón. Google, Panoramio, … - 10.15-11.00 “Empresas preto de ti”
Igalia. Cooperativismo e software libre dende Galicia para o mundo.
Allenta. Roberto Moreda. - 13.00-13.45 “Distintas fórmulas cara o éxito”
Ikusnet. Dani Armendáriz. Cooperación e horizontalidade en torno ao software libre.
e-Box. Nacho Correas. Na búsqueda de capital risco. - 13.45-14.30 “100 software libre, pero sen software”
Blobject. Alfredo Romeo.
Zemos98/Hapaxmedia. Felipe González e Rubén Díaz.
