AGASOL presenta A Guía de solucións TIC en Software Libre para profesionais e autónomos.

Comprometidos coa promoción e desenvolvemento do software libre e o uso de estándares abertos en Galicia poñemos a disposición dos sectores produtivos ferramentas para a mellora da xestión empresarial, como a guía que hoxe presentamos: Guía de solucións TIC en Software Libre para profesionais e autónomos.

 

 Esta guía e o resultado dun proxecto de colaboración definido no marco de Plan de acción de Software Libre do año 2013 en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxicad e Galicia (AMTEGA) e a Asociacion de empresas GAlegas de SOftware Libre (AGASOL). A Guía de solucións TIC en Software Libre para Autónomos, consiste nun conxunto de materiais didácticos elaborados por AGASOL, que estan dispoñibles para a súa consulta e descarga en diversas webs, como no Repositorio Documental de Software Libre en mancomún, non CDTIC, AGASOL, CeMiT, etc... Ademais estes materiais formativos serán complementados co asesoramento profesional personalizado que ofrecerá AGASOL en colaboración co CDTIC aos profesionais e autónomos de Galicia.

 

As necesidades dun profesional pasan por ter un conxunto de ferramentas que lle fagan máis sinxelo organizar o seu negocio, e que lle axuden a xestionar as súas necesidades dun xeito rápido e flexible.

O crecente incremento da demanda de servizos de Software Libre en Galicia é xa unha tendencia que esta marcando o proceso de evolución das TIC en todos os seus ámbitos. Este incremento explícase "debido a que cada vez máis as empresas, as administracións e os distintos actores sociais escollen traballar con programas informáticos libres, que poden ser mellorados e adaptado ás necesidades de cada un e que non teñen custos de licenzas, polo tanto supoñen un importante aforro económico".

A elección de usar software libre en vez de software privativo concede unha total independencia para escoller provedor, ofrecendo liberdade de uso e escapando dos monopolios. Co uso de software libre, os empresarios e empresas galegos optimizarán a súa xestión, aforrando o importante custo das licenzas do software privativo.

 

Agasol esla única asociación de empresas gallegas que trabajan para ofrecer productos en Software Libre, en estos momentos contamos con 28 asociados. Nuestro objetivo es servir de interlocutor entre los profesionales ylas empresas, para apoyarlas y asesorarlas en el uso de Software Libre y estándares abiertos.

 

descargar a Guía de solucións TIC en Software Libre para profesionais e autónomos

 

keyboard_arrow_up