A Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento muda a Software Libre
A Coordinadora ten asinado un convenio co GPUL (Grupo de Programadores e Usuarios de Linux) polo que traballará unicamente con sistemas operativos de software libre. GPUL, de forma gratuíta, ten asumido o traballo de instalación e xestión do software libre nos equipos.
A Coordinadora recibiu en 2013 unha doazón da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia que cedeu distintos equipos informáticos para as ONGD integradas na Coordinadora a través da sinatura dun convenio e grazas a colaboración da Asociación GAlega de empresas de SOftware Libre (AGASOL).
Catro dos ordenadores cedidos pola Fundación quedaron para a utilización do equipo técnico da Coordinadora. A sinatura dun convenio específico co Grupo de Programadores e Usuarios de Linux ten permitido que estes ordenadores conten cun sistema de software libre adaptado ás necesidades de funcionamento da Coordinadora e que ademais, o propio GPUL, asista tecnicamente á Coordinadora na súa xestión diaria.
Dende a Coordinadora Galega de ONGD agradécenos tanto a AGASOL como a GPUL, e en particular a Emilio J. Padrón, o seu esforzo e vontade de colaboración.
Dende AGASOL felicitámoslles pola decisión de usar Software Ético e animamos ao terceiro sector a seguir os pasos da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento.

