Internet of Things, a nova educación, a electrónica de consumo e o sector da automoción conectada, eixes temáticos de LibreCon 2015
Que teñen que ver o coche conectado, internet of things (IoT) e a educación? Todo e nada á vez. Este ano Librecon adicará o seu programa a falar de como as tecnoloxías libres teñen cabida nestes eidos.
Contaremos para iso con relatores/as de alto nivel procedentes de diferentes partes do mundo que, a través de charlas, obradoiros, debates, achegarannos as últimas novidades no eido do software e o hardware libres.
Canonical, Magneti Marelli, Intel, OpensourceVehicle serán algunhas das entidades que estarán presentes en Librecon2015, sen deixar de lado a empresas e iniciativas galegas como Igalia, Staticboards, CESGA, AGASOL, que moito teñen que decir e aportar a un sistema socioeconómico en constante cambio.
Falaremos de robots submariños, de Edupunk, de smarthomes, hacklabs nas escolas e ata de vacas conectadas. Que máis podemos pedir?
Convidamos a todas aquelas persoas interesadas en escoitar e coñecer máis de cerca estas e outras experiencias a que asistan os días 29 e 30 de outubro na Cidade da Cultura de Galicia a Librecon2015
- Onde? Edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela)
- Cando? 29 e 30 de outubro de 2015
- Como? Entrada de balde previa inscrición inscribirse aquí
- Precisas aloxamento? Prezos especiais aquí




