Opinión das Asociacións de Software Libre Federadas (ASOLIF) sobre o canon dixital

Os autores e empresas de software libre publican o seu traballo baixo licenzas libres para que poida ser copiado e distribuido. De feito, fomentamos esa copia e distribución co fin de que un número maior de usuarios e empresas utilicen o noso traballo, o modifiquen, o comercialicen ou presten servizos baseados neles libremente. Para que todos sen excepción teñan acceso á nosa obra, é necesaria a universalización do acceso ás tecnoloxías da información, así como a soportes dixitais que permitan esa copia e distribución.

A federación empresarial ASOLIF (Asociacións de Software Libre Federadas) realiza as seguintes consideracións a respecto do canon dixital:

O gravame dos soportes dixitais vai en contra do espírito dos autores e empresas que desenvolven software libre, que se expresa xurídicamente nas licenzas que asignan á súa obra (licenzas libres).

O sector que representa ASOLIF, pese a ser autor de obras intelectuais, non teñen relación cos beneficiarios do canon dixital ni coas sociedades privadas que os xestionan.

A nosa actividade e a dos nosos clientes beneficia económicamente a estas sociedades no noso detrimento.

Un canon indiscriminado, como é o actual canon dixital, ten maior impacto en autónomos e PEMES, que son os principais actores do noso tecido empresarial.

A carga impositiva (IVA/IGIC) derivada do canon dixital aumenta os custes dos nosos produtos, reducindo a nosa competitividade. Esta perda reflíctese con total crueza á hora de comercializalos no mercado exterior.

O canon dixital implica que o crecemento do noso sector beneficia ás sociedades privadas de xestión de dereitos de autor, alleas ao software libre, na contra dos nosos intereses e os dos nosos clientes, o que constitúe unha perversión.

ASOLIF conclúe que as políticas de fomento do software libre son incompatibles coa defensa e o sustento do canon dixital nos termos actuais. Suxerimos por tanto a súa supresión inmediata.

keyboard_arrow_up