XORNADA SEGURIDADE EN INTERNET

Dentro do ciclo de 3 Xornadas en Competencias dixitais con Software Libre organizadas por Agasol, vai ter lugar a segunda das xornadas. O obxectivo destas xornadas é a de dotar a cidadanía dunha serie de habilidades, coñecementos e estratexias necesaria para o uso dos medios dixitais e tecnoloxías da información e comunicación.
Nunha sociedade cada vez máis dixitalizada, a brecha que xera o non ter formación nas novas tecnoloxías pode minguar o dereito á información das persoas. Estas xornadas van dirixidas á romper a fenda dixital para que poidamos desenvolvernos no mundo dixital con seguridade.

Inscrición gratuíta en https://buff.ly/3kp7z0l
Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña.

