Obradoiro: O soporte de Windows 10 remata, e agora, que facemos?

Charla informativa/Obradoiro explicámosvos que implica isto desde o punto de vista de seguridade e usabilidade, trae o teu equipo e lévacho totalmente actualizado

O 11 de outubro as 11:30h, o Banco de Reciclaxe Electrónico do Milladoiro (BEM), coa colaboración do Concello de Ames, organizará un obradoiro gratuíto no que descubrirás como aproveitar ao máximo o teu PC cando xa non pode actualizarse a Windows 11.

-Resolveremos as túas dúbidas.
-Compartiremos experiencias e opinións.
-Se traes o teu ordenador, asesorarémoste paso a paso para facer o cambio.
-E, se te animas, realizaremos a migración xuntos en directo!

Seguridade, máis vida para o teu equipo e compromiso co medio ambiente, todo nunha sesión práctica e cercana.

➡️ Apúntate xa e reserva a túa praza gratuíta!inscricións na nosa nova web

www.reciclaxelibre.org

Podes anotarte aqui debaixo

Inscríbete aquí


Proxecto financiado con fondos públicos polo Concello de Ames.

keyboard_arrow_up