Taller de posta a punto, reciclaxe a instalación de teu computador – Repair café

Continuamos coas actividades da Oficina de Voluntariado Informático de Sofware Libre e do Banco de Reciclaxe Electrónica de Ames, para 2025, unha iniciativa impulsada po AGASOL, xunto coa colaboración da Concellería de Benestar Social do Concello de Ames. Actividades enmarcadas dentro das accións de divulgación das novas tecnoloxías en Software Libre.

Trae a túa computadora e explicámosche ou seu funcionamento e axudámosche a instalarlle un sistema operativo libre

Día: O próximo 25 de outubro

Hora: de 11:30 a 13:00

Onde: Rua agro do medio 8, Milladoiro, no Banco de Reciclaxe Electronica de Milladoiro,

Inscrición de balde: Apúntate aquí

¿Qué é un Repair Café? Un Repair Café é un espazo comunitario e gratuíto onde as persoas poden levar obxectos estragados (electrodomésticos, roupa, mobles, aparellos electrónicos, bicicletas etc.) para que voluntarios/as as axuden a reparalos, no canto de tiralos e comprar novos.

Características principais:

  • Obxectivo: Reducir residuos, fomentar a economía circular e promover a reparación como alternativa ao consumo desmedido.
  • Como funciona: As persoas levan os seus obxectos, aprenden a reparalos coas ferramentas e coñecementos dos voluntarios, e adoitan compartir un café ou algo para comer mentres traballan en equipo.
  • Actividades: Ademais de reparacións, organízanse talleres sobre reciclaxe, reutilización ou mantemento básico de obxectos.
  • Filosofía: Baseado na colaboración, a aprendizaxe e a sostenibilidade.

Orixe: O concepto naceu en Ámsterdam (Países Baixos) en 2009, de man da xornalista Martine Postma, e desde entón estendeuse por todo o mundo, incluída Galicia, onde xa hai varios grupos locais que organizan estes encontros.


Proxecto financiado con fondos públicos polo Concello de Ames.


keyboard_arrow_up