Obradoiro para entender e reducir a túa factura da luz

Obradoiro impartido pola Oficina de Voluntariado Informático de Sofware Libre e do Banco de Reciclaxe Electrónica de Ames.
Neste taller explicaranse os conceptos clave da factura eléctrica: termo de potencia (coste fixo pola potencia contratada) e termo de enerxía (coste variable polo consumo real). Tamén detallarase como identificar os impostos e cargos regulados, así como a diferenza entre tarifas con discriminación horaria e as planas. Por último, daranse consellos prácticos para optimizar o consumo e reducir o importe final.
Se non entendes a túa factura da luz, por que pagas tanto polo pouco que consumes e non es capaz de reducila, apúntate.
Día: O próximo 22 de novembro
Hora: de 11:30 a 13:00
Onde: Rua agro do medio 8, Milladoiro, no Banco de Reciclaxe Electrónica de Milladoiro.
Inscrición de balde: Anótate aquí
Proxecto financiado con fondos públicos polo Concello de Ames.
