XORNADA DE INNOVACIÓN E SOFTWARE PARA COMERCIO E HOSTALARÍA

O vindeiro 4 de decembro, de 09:00 a 14:00 h, celebramos na Escola Técnica Superior de Enxeñería (ETSE) de Santiago de Compostela unha sesión onde presentaremos solucións tecnolóxicas abertas pensadas para impulsar a competitividade do sector comercial e hostaleiro.

Será unha xornada onde se presentarán solucións innovadoras e casos de éxito para o sector do comercio e a hostalería, pensada para descubrir ferramentas libres que poden mellorar a xestión, optimizar procesos e abrir novas oportunidades de negocio.


📅 Cando? 4 de decembro de 2025

🕘 Hora? 09:00h-14:00h
📍Onde? Escola Técnica Superior de Enxeñería (Santiago de Compostela)



🎟️Inscricións de balde: xerencia@agasol.gal

Ata completar aforo

En AGASOL seguimos promovendo o software libre como motor de transformación dixital en Galicia.


👉Vés descubrir connosco as solucións máis innovadoras?


Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña.

keyboard_arrow_up