I Certame GOBTEC de Software Libre

✦ Convocatoria aberta en breve

I Certame GOBTEC
de Software Libre

Un concurso de ideas para empresas e persoas emprendedoras galegas que queiran achegar solucións de software libre a un reto real das administracións locais. Organiza AGASOL, coa colaboración de Startup Galicia.

📅 Peche de propostas: 19 de novembro de 2026
🏆 Premio: 6.000 € + recoñecemento institucional
📍 Evento final: 3 de decembro, Cidade da Cultura

Reto desta edición

Plataforma de xestión e reserva de instalacións deportivas municipais

ÁmbitoConcellos e deputacións
Licenza esixidaSoftware libre (OSI/FSF)
ParticipantesEmpresas e emprendedoras/es de Galicia
Finalistas5–6 propostas a pitch
Con financiamento e colaboración de
O reto

Instalacións deportivas municipais, xestionadas dun xeito máis áxil

Moitos concellos galegos, especialmente os de menor tamaño, seguen xestionando o acceso ás súas instalacións deportivas por teléfono, correo ou atención presencial, cunha baixa visibilidade da dispoñibilidade real e procesos de cambio ou cancelación pouco áxiles. Buscamos unha solución dixital, reutilizable e accesible.

🧑‍🤝‍🧑Cidadanía

  • Consulta de instalacións
  • Reserva online
  • Modificación e cancelación
  • Historial e avisos

🏛️Concello

  • Alta e mantemento de instalacións
  • Xestión de horarios e normas de uso
  • Indicadores básicos de seguimento

🔁Reutilización pública

  • Solución replicable e escalable
  • Configurable por cada municipio
  • Preparada para uso multi-municipio

🔓Condicionantes técnicos obrigatorios

  • Software libre con licenza recoñecida (OSI/FSF)
  • Arquitectura aberta: web responsive e modular
  • Interoperabilidade e estándares abertos
  • RXPD e xestión segura de usuarios
  • Accesibilidade

⭐Aspectos valorables (opcionais)

  • App móbil
  • Calendarios persoais
  • Accesos mediante código QR
  • Analítica de uso e recomendación horaria
Participación

Quen pode participar e como se presenta a proposta

✅Requisitos

  • Empresas, persoas emprendedoras e entidades tecnolóxicas con domicilio social ou centro de traballo en Galicia
  • Capacidade demostrable para desenvolver solucións de software libre
  • Unha única proposta por entidade participante

📄Documentación a presentar

  • Memoria técnica (máx. 10 páxinas, PDF), segundo a plantilla oficial
  • Datos de contacto da entidade
  • Opcional: mockup, prototipo ou demo funcional
⏳ O formulario de presentación de propostas e a plantilla oficial descargable estarán dispoñibles nesta mesma páxina antes da apertura da convocatoria. Prazo límite: 23:59h do 19 de novembro de 2026.
Avaliación

Como se valoran as propostas

Un xurado composto por representantes de AGASOL, a Xunta de Galicia/GOBTEC, un concello, Startup Galicia e unha persoa experta independente en software libre avaliará todas as propostas recibidas.

1

Comprensión do reto

Grao de axuste ao problema formulado

25%
2

Cobertura funcional

Resposta ás necesidades de cidadanía, concello e condicionantes técnicos

35%
3

Viabilidade de implantación

Facilidade de adopción real por parte das administracións locais

25%
4

Potencial de reutilización

Capacidade de converterse nun activo público replicable

15%
Calendario

Datas clave do certame

 
5–9 de outubro de 2026
Publicación das bases e apertura da convocatoria
 
Outubro – 19 de novembro
Campaña de difusión activa (AGASOL e Startup Galicia)
 
Xoves 19 de novembro de 2026 · 23:59h
Peche do prazo de presentación de propostas
 
20–27 de novembro
Avaliación do xurado e preselección de 5-6 finalistas
 
27 de novembro
Comunicación ás finalistas e preparación dos pitches
 
Xoves 3 de decembro de 2026
Evento final: pitches, fallo do xurado e entrega do recoñecemento — Cidade da Cultura
Participa

Tes unha solución de software libre para este reto?

Consulta as bases completas do certame, descarga a plantilla oficial da memoria técnica e presenta a túa proposta antes do 19 de novembro de 2026.

Presenta a túa proposta

O formulario de inscrición e a plantilla descargable engadiranse a esta sección antes da apertura da convocatoria.
6.000 €

Premio e recoñecemento institucional

A proposta gañadora recibirá unha dotación económica de 6.000 € e recoñecemento institucional público. A participación non implica contratación, encargo nin financiamento para o desenvolvemento da solución: trátase dun proceso de xeración de ideas e impulso da innovación aberta.

I Certame GOBTEC de Software Libre

Unha iniciativa de AGASOL (Asociación de Empresas Galegas de Software Libre), no marco da súa colaboración co ecosistema GOBTEC, coa colaboración de Startup Galicia.

Certame financiado pola Xunta de Galicia.

© 2026 AGASOL — Asociación de Empresas Galegas de Software Libre 
keyboard_arrow_up