A Comisión Europea avala a adopción de software libre

A comisaria europea da Axenda Dixital Neelie Kroes presenta a postura positiva da Comisión Europea cara ao software libre e a súa adopción en todos os ámbitos, principalmente na administración pública.
“A razón non é só unha alta relación calidade prezo, algo que é crítico na situación financeira actual, senón tamén máis elección. Hai menos dependencia de certos vendedores e menos custos de migración. As cousas están a cambiar, tamén no sector privado. Agora grandes compañías declaran, orgullosas, que non só están usando software libre, senón contribuíndo a el. E iso significa que moitos proxectos software libre importantes están de feito apoiados por empresas que están a investir nel. Estas empresas obteñen beneficios importantes. E iso vai continuar como un apoio importante ao movemento software libre. “

Discurso de Neelie Kroes sobre Software Libre: http://bit.ly/kowDk4

 

keyboard_arrow_up