Presentación do DVD “Ferramentas Informáticas para a PEME”

Carátula DVDAGASOL estará presente na xornada de traballo sobre o DVD “Ferramentas Informáticas para a PEME”, unha iniciativa da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellaría de Innovación e Industria na que se implica a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre e que recompila diversas ferramentas informáticas de licenza libre ao servizo das pequenas e medianas empresas galegas.

O evento terá lugar en Santiago de Compostela no Hotel Porta do Camiño (Rúa Miguel Ferro Caaveiro, s/n. -ao pé do Palacio de Congresos e Exposicións en San Lázaro-) o día 7 de novembro e dará comezo ás 16:30 horas co seguinte programa:

  • 16:30 Recepción, entrega de material. Café ou té de cortesía.
  • 17:00 Benvida e presentación da iniciativa a cargo de Helena Veiguela, Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Consellaría de Innovación e Industria.
  • 17:30 Demostración do DVD
  • 17:40 Mesa redonda sobre a iniciativa. Coa participación de:
    • Helena Veiguela Martínez, Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Consellaría de Innovación e Industria.
    • Javier Vázquez, Presidente de AGASOL, Asociación Galega de Empresas de Software Libre.
    • Francisco Rodríguez, membro do Grupo de Investigación de Ferramentas Abertas de Xestión Empresarial da ESEI de Ourense, Universidade de Vigo.
    • Moderador: Xesús Manuel Benítez Baleato, Coordinador de Mancomun.org.
  • 18:40 Posta en común da mesa co público asistente acerca do DVD das PEME
  • 19:30 Aperitivo e Viño Galego

Por motivos de aforo requírese confirmación de asistencia mediante correo electrónico a eventos@mancomun.org

keyboard_arrow_up