I Certame GOBTEC de Software Libre

✦ Convocatoria aberta en breve

I Certame GOBTEC
de Software Libre

Un concurso de ideas para empresas e persoas emprendedoras galegas que queiran achegar solucións de software libre a un reto real das administracións locais. Organiza AGASOL, patrocina Amtega e colabora Startup Galicia.

📅 Peche de propostas: 18 de novembro de 2026
🏆 Premio: 6.000 € + recoñecemento institucional
📍 Evento final: xoves 26 de novembro, Cidade da Cultura

Reto desta edición

Plataforma de xestión e reserva de instalacións deportivas municipais

ÁmbitoConcellos e deputacións
Licenza esixidaSoftware libre (OSI/FSF)
ParticipantesEmpresas e emprendedoras/es de Galicia
Finalistas5–6 propostas a pitch
Con financiamento e colaboración de
O reto

Instalacións deportivas municipais, xestionadas dun xeito máis áxil

Moitos concellos galegos, especialmente os de menor tamaño, seguen xestionando o acceso ás súas instalacións deportivas por teléfono, correo ou atención presencial, cunha baixa visibilidade da dispoñibilidade real e procesos de cambio ou cancelación pouco áxiles. Buscamos unha solución dixital, reutilizable e accesible.

🧑‍🤝‍🧑Cidadanía

  • Consulta de instalacións
  • Reserva online
  • Modificación e cancelación
  • Historial e avisos

🏛️Concello

  • Alta e mantemento de instalacións
  • Xestión de horarios e normas de uso
  • Indicadores básicos de seguimento

🔁Reutilización pública

  • Solución replicable e escalable
  • Configurable por cada municipio
  • Preparada para uso multi-municipio

🔓Condicionantes técnicos obrigatorios

  • Software libre con licenza recoñecida (OSI/FSF)
  • Arquitectura aberta: web responsive e modular
  • Interoperabilidade e estándares abertos
  • RXPD e xestión segura de usuarios
  • Accesibilidade

⭐Aspectos valorables (opcionais)

  • App móbil
  • Calendarios persoais
  • Accesos mediante código QR
  • Analítica de uso e recomendación horaria
Participación

Quen pode participar e como se presenta a proposta

✅Requisitos

  • Empresas, persoas emprendedoras e entidades tecnolóxicas con domicilio social ou centro de traballo en Galicia
  • Capacidade demostrable para desenvolver solucións de software libre
  • Unha única proposta por entidade participante
  • Quedan excluídas as propostas de persoas físicas a título particular sen actividade económica nin proxecto empresarial constituído ou en constitución
  • Quen estea en proceso de constitución pode participar achegando unha declaración responsable

📄Documentación a presentar

  • Memoria técnica (máx. 10 páxinas, PDF), preferentemente segundo a plantilla oficial
  • Datos de contacto da entidade
  • Opcional: mockup, prototipo ou demo funcional
⚠️ Modificación do calendario (20 de outubro de 2026). o peche do prazo pasa ao mércores 18 de novembro ás 23:59h” e o evento final ao xoves 26 de novembro. Consulta a versión 3 das bases.

📄 A plantilla oficial da memoria técnica xa está dispoñible: descargar en formato ODT.

✉️ As propostas preséntanse por correo electrónico a certame@agasol.gal, co asunto «Proposta — I Certame GOBTEC», antes das 23:59h do mércores 18 de novembro de 2026. AGASOL confirmará a recepción nun prazo máximo de dous días hábiles.

ℹ️ Para calquera dúbida sobre a convocatoria, escribe ao mesmo enderezo.
Preguntas frecuentes

Dúbidas sobre os requisitos de participación

Podo participar se aínda non teño empresa nin alta de autónomo?

Si. Abonda con achegar, xunto coa proposta, unha declaración responsable da túa intención de constituír unha empresa ou de darte de alta como persoa traballadora autónoma. Non se esixe acreditación formal nesta fase.

A acreditación formal (alta censal, escritura de constitución ou certificación negativa de denominación social) só será esixible á entidade gañadora, con carácter previo ao aboamento da dotación económica, por ser necesaria a emisión da factura correspondente.

Pode presentar a proposta unha persoa autónoma doutro sector, cun equipo técnico detrás?

Si, sempre que a persoa autónoma figure como entidade participante a todos os efectos e asuma as obrigas do punto 8 das bases: a garantía de titularidade e a publicación do código fonte nun prazo de 60 días naturais desde o fallo.

O equipo técnico debe figurar nominalmente no apartado 7 da memoria, e a cesión de dereitos de propiedade intelectual debe estar formalizada antes da presentación.

Quen pode defender a proposta no pitch?

Calquera persoa que figure no equipo do proxecto na memoria técnica, con independencia de que sexa ou non a titular da entidade participante.

Avaliación

Como se valoran as propostas

Un xurado composto por representantes de AGASOL, a AMTEGA / GOBTEC, un concello, Startup Galicia e unha persoa experta independente en software libre avaliará todas as propostas recibidas.

1

Comprensión do reto

Grao de axuste ao problema formulado

25%
2

Cobertura funcional

Resposta ás necesidades de cidadanía, concello e condicionantes técnicos

30%
3

Viabilidade de implantación

Facilidade de adopción real por parte das administracións locais

25%
4

Reutilización e soberanía tecnolóxica

Apertura real do código, independencia de provedor, estándares abertos e portabilidade dos datos

20%
Calendario

Datas clave do certame

 
5–9 de outubro de 2026
Publicación das bases e apertura da convocatoria
 
Outubro – 18 de novembro
Campaña de difusión activa (AGASOL, Amtega e Startup Galicia)
 
Mércores 18 de novembro de 2026 · 23:59h
Peche do prazo de presentación de propostas
 
19–23 de novembro
Avaliación do xurado e preselección de 5-6 finalistas
 
23 de novembro
Comunicación ás finalistas e preparación dos pitches
 
Xoves 26 de novembro de 2026
Evento final: pitches, fallo do xurado e entrega do recoñecemento — Cidade da Cultura
Participa

Tes unha solución de software libre para este reto?

Consulta as bases completas do certame, descarga a plantilla oficial da memoria técnica e presenta a túa proposta antes do 19 de novembro de 2026.

Presenta a túa proposta

O formulario de inscrición e a plantilla descargable engadiranse a esta sección antes da apertura da convocatoria.
6.000 €

Premio e recoñecemento institucional

A proposta gañadora recibirá unha dotación económica de 6.000 € e recoñecemento institucional público. A participación non implica contratación, encargo nin financiamento para o desenvolvemento da solución: trátase dun proceso de xeración de ideas e impulso da innovación aberta.

I Certame GOBTEC de Software Libre

Unha iniciativa de AGASOL (Asociación de Empresas Galegas de Software Libre), no marco do seu convenio coa AMTEGA e do ecosistema GOBTEC, coa colaboración de Startup Galicia.

© 2026 AGASOL — Asociación de Empresas Galegas de Software Libre 
keyboard_arrow_up