o 14 de novembro activouse na Biblioteca UCA o novo sistema de xestión KOHA, de código fonte aberto.
Isto leva cambios visuais e de funcionalidades na páxina web da área de Biblioteca e Arquivo:
O Buscador, a ferramenta que permite localizar todos os recursos da biblioteca, agora está acompañado do Carrusel de novidades, que permite ver e acceder aos últimos libros adquiridos, e de ligazóns directas a:
- A miña Conta á que se accede coas claves universitarias (ou+DNI ? Contrasinal) e que permite ver os seus préstamos, reservas, facer suxestións de compras, etc.
- Na Biblioteca, busca entre os fondos que fisicamente se atopan nos andeis, principalmente libros e revistas en papel, vídeos, etc.
- Recursos electrónicos, permite acceder a bases de datos e a libros e revistas electrónicos.
- Bibliografías recomendadas, permite localizar os manuais das materias.
- Préstamo libros electrónicos, permite a lectura en liña ou sen conexión de libros electrónicos adquiridos de diferentes editoriais ou editados por universidades españolas.
