A Lei de Ciberresiliencia: consecuencias para as empresas galegas
A Lei de Ciberresiliencia (CRA) mellora as normas de ciberseguridade dos produtos que conteñen un compoñente dixital, esixindo a fabricantes e minoristas que garantan a ciberseguridade durante todo o ciclo de vida dos seus produtos, de cara a protexer a particulares e empresas que os merquen e utilicen. Así, trata de determinar que produtos son ciberseguros e como configuralos de forma segura.
AGASOL, no marco do convenio de colaboración coa AMTEGA, impulsa a xornada “A Lei de Ciberresiliencia: consecuencias para as empresas galegas” que terá lugar no GaiásTech durante a mañá do xoves 27 de marzo.
O obxectivo desta xornada é achegarnos ás implicacións e desafíos da posta en marcha da Lei de Ciberresiliencia (CRA), así como aos requisitos en materia de ciberseguridade para empresas e persoas desenvolvedoras de servizos e produtos tecnolóxicos.
O evento é gratuíto pero con prazas limitadas que se cubrirán por orde de inscrición.
Para aquelas persoas que non poidan asisitir de forma presencial, habilitarase unha canle para seguir a xornada en streaming, pero é preciso inscribirse marcando a cuadrícula streaming.
Premendo nesta ligazón poderás obter máis info e formalizar a túa inscrición.
