Breve reportaxe sobre Agasol na Televisión de Galicia

A Televisión de Galicia emite de luns a venres, arredor das 13.40h, un espazo de divulgación tecnolóxica, e información sobre TIC, chamado Axenda Dixital.

Neste espazo, a TVG emitiu unha pequena reportaxe de 1:28 minutos, no que se fala do traballo que está a desenvolver Agasol no eido do software libre: as inquedanzas que motivaron a creación da asociación, os proxectos desenvolvidos e os retos de futuro.

Por se non puideches vela en directo, podes ver o vídeo nesta ligazón.

keyboard_arrow_up