AGASOL, ASOLIF e Cluster TIC Galicia organizan a quinta edición de LibreCon
A Cidade da Cultura de Galicia acollerá os días 29 e 30 de outubro a edición 2015 da conferencia sobre tecnoloxías abertas e negocios LibreCon
Internet of Things, a nova educación, a electrónica de consumo e o sector da automoción conectada, eixes temáticos de LibreCon 2015
Coñecemento práctico aplicado a través de casos de éxito reais e obradoiros de organizacións internacionais centran LibreCon 2015
Canonical entre as primeiras organizacións confirmadas para LibreCon 2015
O sector TIC das tecnoloxías abertas sitúase á vangarda da recuperación económica duplicando a súa oferta de emprego
AGASOL, ASOLIF e Cluster TIC Galicia organizan a quinta edición de LibreCon os próximos días 29 e 30 de outubro en Santiago de Compostela, xunto co apoio institucional da Xunta de Galicia. LibreCon mantén o seu obxectivo fundamental de creación de negocio e emprego en todos os sectores da sociedade a través das tecnoloxías libres, a innovación e o emprendemento esperando superar as 500 reunións de negocio da edición 2014.

