Agasol imparte en outubro novas formacións sobre software libre no CDTIC Galicia

Sesions CDTIC Galicia Agasol 2020

Agasol imparte en outubro novas sesións de formación (por streaming) sobre ferramentas de software libre no marco de actividades organizadas polo Centro Demostrador TIC de Galicia, dependente da Amtega da Xunta de Galicia.

A primeira sesión é o 7 de outubro, impartida xunto coa empresa Queres Tecnología, socia de Agasol. A sesión leva por título “Rocket.Chat A última solución de Software Libre para xestión da comunicación corporativa”. Estes son outros detalles da formación:

Cando?

7 de outubro de 2020
De 16:30h a 18:30h

Programa:

  • Que é Rocket.Chat?
  • Funcionalidades destacadas
  • Requerimentos

Podes saber máis da sesión descargando o PDF completo aquí.

Se non puideches asistir á formación por streaming, podes vela no seguinte enlace.

Teletraballando e xestión de proxectos con Odoo

Outra das sesións terá lugar o 9 de outubro e será impartida conxuntamente coa empresa Anubía, tamén asociada a Agasol. A formación leva por título “Teletraballo e xestión de proxectos con Odoo” e está pensada para calquera empresa de calquera sector. Estes son outros detalles da sesión:

Cando?

9 de outubro de 2020
De 10:00h a 10:45h

Programa:

  • Que é ? O ERP de software libre máis implantado a nivel mundial
  • Funcionalidades destacadas. CRM, Vvendas, compras, facturación, almacén, contabilidade, produción, RRHH…
  • Requerimentos. Un servidor e conexión a internet

Podes saber máis da sesión descargando o PDF completo aquí.

Se non puideches asistir á formación por streaming, podes vela no seguinte enlace.

Seguimento de sistemas e procesos industriais con Zabbix e Grafana

O 14 de outubro a empresa Muutech, socia de Agasol imparte esta sesión por streaming. Estes son outros detalles da formación:

Cando?

14 de outubro de 2020
De 10:00h a 10:45h

Programa:

  • Quen é Muutech?
  • Por que e necesario hoxe en día o seguimento?
  • Minerva, plataforma de seguimento, funcionalidades destacadas
  • Casos de aplicación reais

Podes saber máis da sesión descargando o PDF completo aquí.

Se non puideches asistir á formación por streaming, podes vela no seguinte enlace.

Os nosos datos falan

O 16 de outubro a empresa NoLegalTech, socia de Agasol imparte esta sesión por streaming. Estes son outros detalles da formación:

Cando?

16 de outubro de 2020
De 10:00h a 11:00h

Programa:

  • PLAKA 
  • Funcionalidades destacadas
    • Visualización de información
      • Cuador de mandos multiplataforma
      • API Js para acceso ao dato
    • Plataforma de información
      • Xestor de contidos
      • Autenticación personalizable
    • Acceso a datos
      • Acceso á información vía JDBC
      • Virtualización da información
      • API REST para acceso ao dato
      • Auditoría de acceso á información

Podes saber máis da sesión descargando o PDF completo aquí.

Se non puideches asistir á formación por streaming, podes vela no seguinte enlace.

As mellores prácticas para legalizar os teus soportes dixitais. Evita sancións de maneira moi sinxela

O 21 de outubro a consultora APDTIC, socia de Agasol imparte esta sesión por streaming. Estes son outros detalles da formación:

Cando?

21 de outubro de 2020
De 10:00h a 10:45h

Programa:

  • Novos criterios sobre o uso das cookies (deben implementarse, a máis tardar, o 31 de outubro de 2020 -prazo establecido pola AEPD-)
  • Que aspectos legais debes ter en conta no ámbito dixital?
  • E se vendes online, sabes que tes que asinar un contrato co usuario?
  • Boas prácticas e exemplos do que non se pode facer

Podes saber máis da sesión descargando o PDF completo aquí.

Se non puideches asistir á formación por streaming, podes vela no seguinte enlace.

Xestión de servizos de tecnoloxías da información co novo GLPI 9.5

O 23 de outubro a empresa, socia de Agasol imparte esta sesión por streaming. Estes son outros detalles da formación:

Cando?

23 de outubro de 2020
De 10:00h a 10:45h

Programa:

  • Visión xeral de GLPI. En que pode axudar á túa empresa.
  • Xestión de servizos de tecnoloxías da información con GLPI.
  • Inventario informático e (CAU) Centro de Atención a Usuarios cunha óptica ITIL.
  • Novidades en GLPI 9.5:
    • Dashboard integrado.
    • Diagrama de impactos.
    • Xestión de proxectos con Kanban.
    • Marketplace.
    • Nuevo planning.
    • Outras novidades.

Podes saber máis da sesión descargando o PDF completo aquí.

Se non puideches asistir á formación por streaming, podes vela no seguinte enlace.

Menú