AGASOL organiza a xornada “Conectar para innovar”
A xornada terá lugar o 6 de setembro de 2018 no espazo Doutroxeito Coworking, na rúa Hórreo, 22, 3º, en Santiago de Compostela, onde a través de charlas e mesas redondas, trataranse diferentes temáticas, novidades, e tendencias relacionadas con modelos de negocio baseados en tecnoloxías de código aberto (Software Libre) que permitirán a promoción e crecemento económico das empresas do municipio.
Presentaranse casos de éxito de compañías que están aforrando custes e mellorando o seu negocio grazas ás tecnoloxías abertas aportando novas vantaxes competitivas e xeradoras de riqueza e emprego.
PROGRAMA:
9:30-10:00 Acreditación e benvida.
10:00-10:45 Relacións cliente-proveedor, casos de éxito. Desenvolvemento de proxectos para gran distribución.
10:45-12:00 Mesa redonda: Cooperativismo e Software Libre. O caso de Tagen-Ata. Modelos de participación cidadá e Software Libre.
12:00-12:30 Pausa-café.
12:30-13:30 Partners tecnolóxicos, unha solución para o desenvolvemento de negocio.
13:30-16:00 Xantar networking
16:00-17:00 A Transformación Dixital na Pequena e Mediana Empresa,
17:00-18:00 Mesa redonda: modelos de colaboración empresariais e comunidades de Software Libre. Asociacionismo Software Libre.
Inscrición gratuita enviando un correo a : info@agasol.gal
A xornada conta coa colaboración da Deputación da Coruña

