AGASOL participa nun proxecto de 4,64 millóns de € para pemes e emprendedores TIC no proxecto FINODEX
Este proxecto europeo permitirá seleccionar cen proxectos innovadores baseados nunha nova plataforma tecnolóxica e nos datos abertos
O proxecto FINODEX xestionará un novo fondo de 4,64 millóns de euros para dar apoio a pemes e emprendedores do sector tecnoloxías da información e comunicación (TIC) de toda Europa, a través do proxecto europeo FINODEX, Future Internet Open Data Expansion. Este proxecto, que se poñerá en marcha a partir do próximo 1 de xuño, e que está cofinanciado a través do VII Programa Marco da Unión Europea (principal iniciativa comunitaria de fomento e apoio á I+D).
O principal obxectivo do FINODEX é xerar novos valores económicos e sociais nas rexións europeas, a través da promoción e o apoio de iniciativas TIC baseadas nunha nova tecnoloxía de plataforma FI-WARE e o uso de datos abertos, involucrando a pemes e emprendedores para iso. A Comisión Europea e as principais empresas TIC europeas emprenderon en 2011 un programa de colaboración co obxectivo de definir unha plataforma que represente unha opción aberta para o desenvolvemento e despregamento global de aplicacións na Internet do futuro. Para iso, FI-WARE é unha nova infraestrutura para a creación e despregamento de servizos e aplicacións en Internet.
FINODEX presentarase de xeito oficial nas próximas semanas en varios eventos, destacando, entre outros, o concurso para programadores HackSanFermin, que se celebrará no Planetario de Pamplona entre o 12 e o 15 de Xuño, ou a IOT-Week de Londres, a semana do 16 ao 20 de Xuño.
Mediante dúas convocatorias abertas, todos os socios europeos participantes no proxecto seleccionarán ata cen proxectos innovadores, que sexan capaces de crear produtos e servizos que utilicen a citada plataforma tecnolóxica, así como datos abertos (Open Data) de calquera procedencia. O esquema de financiamento elixido para iso seguirá o enfoque Lean Startup de Eric Ries, emprendedor e pioneiro nunha nova estratexia de negocio, aplicada con éxito nas empresas do sector de novas tecnoloxías da información de Silicon Valley.
FINODEX é parte do Partenariado Público Privado de Internet do Futuro. Esta organización, formada pola Comisión Europea e as principais empresas do sector tecnolóxico comunitario, xerou a creación da plataforma FI-WARE durante os últimos anos.
A Comisión Europea poñerá a disposición 80 millóns de euros, a través de FINODEX e outras 15 aceleradoras, durante os dous próximos anos para que pemes e emprendedores de toda Europa poidan desenvolver os seus produtos grazas a esta plataforma tecnolóxica. A aceleradora FINODEX, é a única liderada por un socio español Zabala Innovation Consulting e ademais participan na mesma Trento Rise (Italia), Europe Unlimited (Bélxica), Engineering Ingegneria Informatica (Italia), Copenhagen Business School (Dinamarca) e ASOLIF (España).

