Agasol promocionará o software libre no Día do Emprendedor

O software libre estará presente no III Día do Emprendedor o día 15 de maio no Pazo de Congresos de Santiago. O Igape, impulsor da xornada, dirixiuse a Agasol para que desde a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre se traballara no deseño dunha oferta de actividades para ese día. Trátase de dar contido a un máximo de catro horas orientadas a un público xoven ao que se lle ofercerán exemplos e experiencias emprendedoras arredor do software libre. Tamén haberá espazo para as novas fórmulas de organización abertas e en rede ou a búsqueda de finaciamento para unha empresa baseada no software libre.

keyboard_arrow_up