Agasol publica un artigo na web da IMIT: “Pensar en software libre é pensar en eficiencia e eficacia”

O presidente da Asociación de empresas galegas de software libre, Alejandro Escobar Díaz, definiu nun artigo publicado na web de Iniciativas de Modernización e Innovación Tecnolóxica – IMIT-, o avance do software libre aplicado directamente sobre a mellora de campos coma a xestión empresarial, a educación, a colaboración internacional, etc.. nos que AGASOL xa ten unha importante experiencia.

No artigo que se publica na web dependente da Xunta, o presidente de AGASOL, insiste en que, ” malia que se están dando pasos moi definidos e importantes na difusión de ferramentas de código libre en campos moi dispares, dende AGASOL consideramos que é precisa unha liña de acción máis transversal que necesariamente debe pasar por un cambio de conciencia sobre as necesidades no ámbito TIC”.

Nese senso, dende AGASOL proponse o impulso de iniciativas conxuntas nas 17 comunidades autónomas baseadas en solucións de estándares abertos, poñendo como exemplo que “o licenciamento e modelo do software libre e o uso de estándares abertos serán mellor solución que adquirir 17 solucións distintas que poidan ser incompatibles entre elas.”

Todo o artigo publicado por AGASOL, na web da IMIT, dependente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, da Xunta de Galicia.

keyboard_arrow_up