Agasol terá presencia no Foro da Sociedade da Información do Club Financiero de Vigo

Club FinancieroA Asociación de Empresas Galega de Software Libre (Agasol) estará presente o vindeiro mércores día 29 de outubro no Foro da Sociedade da Información que organiza nas súas instalacións o Club Financiero de Vigo en colaboración con Caixanova. Así, Roberto Brenlla, fundador de TEGNIX representará á asociación na xornada “Software Libre: Oportunidades para as empresas”, que terá lugar a partir das dez e media da mañá. Nela demostrará a viabilidade do software libre e animará ás pemes a empregalo en base a motivacións ecoómicas e de adaptabilidad. Xunto a él Manuel Velardo, responsable de proyectos y servicios do Cenatic, explicará as vantaxas competitivas do software libre en canto a aforro de custes e adaptabilidade.

Pola tarde, a partir das cinco, representantes de dúas das empresas que conforman Agasol participarán como relatores na xornada “Software Libre como negocio: Oportunidades para as empresas” no que se exporá o modelo de negocio das compañías galegas do sector. Roberto Moreda, director de Allenta Consulting e Javier Vázquez, presidente da Asociación Galega de Empresas de Software Libre e un dos fundadores de Igalia son os dous participantes vinculados a Agasol. Tamén intervirán Carlos Suárez, director-xerente de Edisa Galicia Información, e Nicolás Osuna, responable de mercadotecnia de Velneo.

keyboard_arrow_up