As empresas galegas de software libre expoñen o seu modelo de negocio e as vantaxes do código aberto no Club Financiero de Vigo

A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre participou o pasado día 29 de outubro  no Foro da Sociedade da Información que organiza o Club Financiero de Vigo en colaboración con Caixanova. Así, Roberto Brenlla, CKO de TEGNIX, representou á asociación na xornada “Software Libre: oportunidades para as empresas”,  explicou o traballo de Agasol e clarificou os conceptos das licenzas, e modelos de negocio desmitificando os prexuízos que hai en contra do Software Libre. Por outra banda, expuso a iniciativa de Mancomún coma exemplo europeo de apoio dende a Xunta de Galicia ás empresas TIC coas liñas de axuda e cumprindo coas premisas de traballo que hai no PEGSI.
Na mesma xornada Manuel Valardo de Cenatic espuxo as accións que están a desenvolver dende o seu organismo coma a difusión do FLOSS a nivel do estado español ademáis de recopilar casos de éxito no emprego de Software Libre ou a creación dun directorio de empresas que poidan ofrecer soporte aos seus clientes. Entre os seus obxetivos están o de fortalecer ás empresas TIC para que poidan aumentar o número de servizos cara ás Administracións Públicas para que adopten o Software Libre nos seus sistemas.

Pola tarde tivo lugar nas mesmas instalacións do Club Financiero de Vigo una sesión orientada al sector específico de las TIC para exponer el modelo de negocio de muchas empresas gallegas que aprovechan el software libre para ofrecer servicios. Nesta sesión participaron representantes de empresas pertencentes a Agasol como Allenta. O seu director, Roberto Moreda, explicou as actividades que realizan na súa empresa, case exclusivamente de administración de sistemas informáticos cunha compoñente moi importante de Software Libre e sistemas GNU/Linux. Ademáis fixo énfase na confianza que teñen os seus clientes no seu departamento técnico como xeito de ter unha relación empresarial exitosa.

Igalia, representada por Javier Vázquez, explicou a súa filosofía de traballo apoiándose na “felicidade” dos seus programadores, facilitando a flexibilidade de horarios e repartindo a mesma responsabilidade e mesmo salario entre eles. As súas liñas de negocio se centran en adaptacións de LAMP empregando Typo3 e desenvolvementos na plataforma de Gnome, entre outros, traballando en proxectos coma Maemo de Nokia.

Por outra banda tamén participaron Carlos Suárez, da empresa Edisa, que suliñou o cambio que están a facer na súa empresa ao introducir liñas de negocio segundo modelos baseados en Software Libre para os seus novos productos GIE (ERP de fácil emprego) ou 3S (adicado ao terceiro sector) e que esperan afrontar con éxito. E Velneo, que contou coa presenza de Nicolás Osuna, explicou a súa estratexia de mercado para a nova versión do RAD (Rapid Application Development) deixando que os programas feitos con él sexan libres ainda que o framework non.

keyboard_arrow_up