Automatización da túa casa, controla o teu fogar

Agasol organiza o Taller Automatización da túa casa, controla o teu fogar, o día 14 de outubro de 11:00h a 13:00h. Obradoiro impartido pola Oficina de Software Libre de Ames dentro das súas actividades de divulgación das novas tecnoloxías en Software Libre.
Actualmente, a automatización do fogar é posible grazas aos avances tecnolóxicos como a domótica doméstica, que pretende facerche a vida máis fácil, mellorando a túa seguridade e o teu confort. Pero, sabes que elementos pódense automatizar no fogar? Como funciona a automatización do fogar e cales son as súas principais vantaxes? Contámoscho todo neste taller. Estás listo?
Apúntate!
• CANDO? O sábado, 14 de outubro de 2023 de 11 a 13 horas.
• ONDE? Oficina de Software Libre e banco de reciclaxe de Ames – Agro do Medio, 8 – MILLADOIRO – 15895 – Ames (A Coruña) – Antigo Centro de Saúde do Milladoiro.
📍🗺️ Localización do local da Oficina e Banco de reciclaxe.
🅿️🚗 Parking público preto do local.
Inscrición de balde premendo aquí para inscribirte: https://mobilizon.fr/events/00888a30-efb4-4538-b3f0-566c5895b0a4
A oficina de Software Libre e banco de reciclaxe electrónica de Ames é un proxecto posto en marcha polo Concello de Ames e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol)
Proxecto financiado con fondos públicos polo Concello de Ames.
