As empresas de software libre co sector rural co sector rural galego
Experiencias do rural e experiencias en software libre. Conectadas e por conectar, ven, escoita, e fala!
O vindeiro venres 16 de xuño achégate á Cidade da Cultura a ColaboraTIC.gal, unha xornada para ver, escoitar pero tamén amosar experiencias de colaboración entre os eidos das tecnoloxías abertas e o sector rural.
Contaremos coa participación de profesionais e experiencias como AGASOL, Fran Quiroga, Granxa Familiar, ICARTO, EFA Galicia, QGIS, Librebit, Galirema, Adegas Lagar de Costa, a Organización Galega de Comunidades de Montes (OGCCMM) e a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA)
Se che interesa asisitir, aínda estás a tempo! Inscríbete aquí, a asistencia é de balde!
Esta xornada comeza ás 9:30 e remata ás 14:00 cun xantar-networking para as persoas inscritas.
Lugar: Sala Eisenmann da Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela)
+ info en http://colaboratic.gal/
Para calquera consulta ou suxestión podes escribirnos a eventos@agasol.org


