Constitúese a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre
A asamblea xeral constituínte de AGASOL (Asociación de Empresas Galegas de Software Libre) elixíu a súa xunta directiva e aprobou os seus estatutos. Os obxectivos desta iniciativa son:
- Promocionar o Software Libre coma ferramenta válida para desenvolver a sociedade da información en Galicia.
- Servir de interlocutor ante a Administración Pública galega para apoiala e asesorala no proceso de migración e implantación de Software Libre e estándares abertos.
- Fomentar e artellar a colaboración entre os seus socios, facilitando a xeración de novas oportunidades de negocio.
AGASOL nace con 12 empresas asociadas: Aitire, Allenta, Bora Telecom, Igalia, Imagos, Inforede, Pexego, Redegal, Signo, Tegnix, Ultreia Comunicaciones e Wireless Galicia.
