Entrevista ao presidente de AGASOL no diario ABC

Un dos obxectivos de AGASOL é reducir os custos de acceso á tecnoloxía. No decurso dunha entrevista publicada o pasado 20 de outubro polo diario ABC, Javier Vázquez, presidente da Asociación de Empresas Galegas de Software Libre asume que as pequenas empresas de Galicia teñen problemas para acceder á tecnoloxía e que ante ese feito “é mellor investir en personalizar as ferramentas e non en adquirir paquetes de software”.

Javier Vázquez explica na entrevista como a Xunta mantén diferentes graos de implicación co emprego do software libre segundo o departamento e lembra que o Plan Estratéxico Galego da Sociedade da Información especifica a importancia da aposta polos software libre. “Esperamos que a Xunta aumente o seu compromiso político. En Estremadura e Andalucía a nivel político están moi comprometidos co desenvolvemento da sociedade da información, algo que non pasa en Galicia e na maioría das Comunidades. Estremadura, cun tecido produtivo moi inferior a Galicia, pasou a ter compañías de servizos de aplicación de xestión para microempresas que crecen e consolídanse, con persoais de entre dous e tres persoas que xa agrupan a vinte empeados. A medio prazo, esta actitude será economicamente relevante, terá impacto e consecuencias positivas. En Andalucía o impacto maior está no investimento da Administración”, explicou Javier Vázquez, que anunciou que AGASOL traballará no fomento de solucións de xestión para as empresas galegas.

keyboard_arrow_up