esLibre 2022 ABERTO Call For Papers

Xa está aberto o período para o Call For Papers ata o 17 de abril e poderedes enviarnos os vosos relatorios para participar en esLibre 2022.

esLibre 2022

Para enviar un relatorio faga click aquí

Temática

O software libre é a temática central de esLibre, pero o que realmente queremos é conseguir un evento no que atopemos tanto actividades técnicas como outras dun nivel máis divulgativo, ou mesmo que dean pé a debates para compartir diferentes puntos de vista sobre aspectos do mundo do coñecemento libre. Isto pode comprender comentarios sobre licenzas de publicación, aplicacións e desenvolvemento de diversas tecnoloxías, intereses e inquedanzas que queiran presentar diferentes comunidades, ou a exploración e divulgación da arte libre.

En xeral, temas relacionados directamente con obras (software, hardware, cultura, etc.) que se distribúan con licenzas libres; aínda que non ten que ser algo estritamente tecnolóxico, encaixaría tamén á perfección calquera proposta que se incline máis ao ámbito máis puramente divulgativo, pero que se entenda conforme coa definición de obra cultural libre: Tes mentes de algo? Anímate!

Aínda que gran parte do software libre (e obras libres en xeral ) distribúese comercialmente sen que isto supoña problema ningún, queremos manter esLibre como un foro neutral con respecto aos intereses comerciais. En xeral, non se aceptarán relatorios, obradoiros nin ningún outro tipo de actividade que promovan especificamente unha oferta comercial. Presentación de casos de éxito, de resolución de problemas, etc…

Tipos de propostas

Hai varios tipos de actividades que podes propor (pero non só):

  • Relatorios. Presentación típica que pode ter uns 30 minutos aproximadamente de duración ou en formato lóstrego (sobre uns 10-15 minutos). A organización poderá propor cambios de formato a algúns dos relatorios, por motivos organizativos ou de contidos. Tamén poderá, excepcionalmente, propor a algun relatorio nun formato máis longo.
  • Obradoiros. Exposición algo máis práctica que pode ter moitos formatos, dende demostracións onde as persoas que asistan poidan seguir unha especie de «paseo guiado» pola temática do obradoiro, ata sesións de iniciación a unha tecnoloxía onde poder experimentar con ela; en xeral, calquera formato práctico que poidas considerar que sexa interesante para dar a coñecer algo.
  • Salas (devroom). Tamén podes propor o programa dunha sala, que se realizaría en paralelo co resto de actividades do congreso. Normalmente unha sala estará organizada por unha comunidade específica e estará centrada nun tema específico. Por exemplo, salas presentadas outros anos:
    • Software Libre na Universidade
    • Divulgación da cultura libre
    • Privacidade e dereitos dixitais
    • Tecnoloxías para o fomento da lingua andaluza
    • Desenvolvemento en Perl/Raku, GNOME, programación funcional…
  • Espazo de misceláneas: O coñecemento non é compartido só en forma de relatorios e obradoiros, polo que é posíbel que tamén queiras participar doutra forma que non implique estes formatos, deixámosche aquí outros tipos de propostas que poderías enviar para participar en esLibre dun xeito máis libre:
    • Artigos. Teremos un apartado na web onde expor publicacións realizadas que queiras compartir e que che gustaría que a xente puidese coñecer, podendo ademais estabelecer algún medio de contacto para formular dúbidas ou simples comentarios se así o desexas.
    • Pósters. Semellante ao anterior, pero baseandose nun medio físico que se podería expor durante os días do congreso. O que pode dar lugar a conversas sobre diferentes traballos no caso de atopar outras persoas interesadas no mesmo tema.
    • Taboleiro de proxectos. Se hai un proxecto de software libre de calquera campo sobre o que che gustaría que se falase, pero prefires que sexa dun xeito máis informal ou sen ter que asumir o foco de atención como nos tipos de actividades anteriores, tamén podes propoñelo e poremos os medios para reunir xente que poida estar interesada no mesmo proxecto.
    • Outros formatos. Usa o teu maxín! Propón outros formatos, temos moito interese en explorar outras formas de compartir coñecemento 🐧.

Para enviar un relatorio faga click aquí

Menú