Información publicada no diario El País sobre Agasol
O diario El País fíxose eco da posta en marcha da Asociación de Empresas Galegas de Software Libre. Nunha información publicada o pasado día 8 de agosto, o xornal recolle unhas declaracións de Javier Vázquez, presidente de Agasol, nas que alude á importancia de apostar polo software libre como instrumento para xerar un tecido empresarial forte nun sector crave na sociedade do coñecemento. “Entre as vantaxes do software non privativo atópase a creación de industria local”, apunta Vázquez.
