Innovando e sumando esforzos contra a pobreza e a exclusión social

Agasol participa no agora1I AGORA TERCEIRO SECTOR E VOLUNTARIADO Outubro 2014

No marco do IV Foro sobre Pobreza, Exclusión Social Terceiro Sector e Voluntariado, pretendemos crear un espazo no que de xeito áxil, se poida por en contacto a todas as persoas interesadas con iniciativas innovadores e boas prácticas que en Galicia xa existen na loita contra a pobreza e a exclusión social e pola inclusión activa e a economía social. Sempre co enfoque de que poidan ser replicadas ou significar unha mellora para persoas e entidades na súa loita contra a pobreza e a exclusión social, para aforrar esforzos e para ampliar o traballo en rede.

Trátase de entender a experiencia, non tanto de afondar na mesma neste intre. Se te interesa, intercambia co poñente os teus datos de contacto e concerta unha cita posterior.

Na I Agora habérá organizacións sen ánimo de lucro ou empresas de economía social que cumpren os seguintes requisitos:

  • Favorece a loita contra a pobreza ou a exclusión social
  • Estar vixentes, en execución ou a 2 anos vista.
  • Non ter ánimo de lucro
  • A clave da Agora é xerar empatía. Non se trata de contar o bo que son ou un rollo sobre o meu proxecto e xa. Pensar nos interlocutores: que foi exitoso para min que pode ser para ti, porque mellora o traballo en rede, á túa entidade ou á defensa dos dereitos das persoas, etc.
  • Proxectos innovadores polo que fan ou polo xeito no que o fan.
keyboard_arrow_up