Localización GitLab ao galego

A localización do software vai moito máis alá dunha tradución.

Localizar significa adaptar unha aplicación á lingua e á cultura das persoas que a usan: non só traducir a interface e os textos, senón tamén ter en conta factores sociais e culturais que garantan que o software sexa natural, comprensible e realmente útil ⚙️

No ámbito do #SoftwareLibre, isto é posible grazas á colaboración aberta: calquera pode participar, mellorar o produto e contribuír a que chegue a máis xente e se adapte a máis realidades.

A localización é clave para avanzar en accesibilidade, inclusión e diversidade dixital.

En #AGASOL traballamos para que o galego estea presente tamén nas ferramentas que constrúen o futuro dixital. Agora, localizando GitLab” dentro do Convenio de colaboración entre Amtega e Agasol.

keyboard_arrow_up